El Tribunal Supremo revoca la anulación del anterior concurso eólico del bipartito

TRIBUNAL SUPREMO

Feijóo debe comparecer para explicar o fallo do Supremo sobre o anterior concurso eólico

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, solicitou hoxe un Pleno Extraordinario para que o presidente da Xunta dea conta das sentencias do Tribunal Supremo que revocan a anulación do anterior concurso eólico polo goberno de Feijóo e as axudas públicas a centros que segregan por sexo. Os socialistas solicitaron unha Deputación Permanente que aprobe dita sesión plenaria.

O responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de “mentirlle aos galegos” para levar a cabo unha “obscena mistura de ideoloxía e negocio, aderezada co incumprimento da legalidade”. Así, dixo que a anulación do concurso eólico aprobado na pasada lexislatura supón “a enésima mentira e fracaso de Feijóo no sector enerxético”, ao que paralizou durante catro anos facendo que Galicia perda o liderado da enerxía renovable.

Lembrou que mentres Feijóo e o conselleiro de Economía e Industria anunciaban 14.000 empregos e un investimento de 6.000 millóns de euros, a realidade é “un sector eólico moi máis débil” e un recurso do Tribunal Supremo que “abre a porta ao pago de indemnizacións aos grupos empresariais beneficiarios do anterior concurso”.

Ademais, engadiu, mentres o presidente da Xunta en Galicia “incumpre a Lei por ideoloxía e por negocio”, no goberno central rexístrase unha “inaudita e brutal loita polo poder ente os ministerios de Facenda e Industria” que afecta directamente ao concurso eólico posto en marcha por Feijóo e ao “tax lease” Galicia.

Dixo que as discrepancias entre os ministros Montoro e Soria evidencian unha “xestión nefasta” no goberno derivada dun “problema interno do PP”. Explicou que esta situación “ten literalmente pulverizado” o concurso eólico de Feijóo pola supresión das primas ás enerxías renovables e impide a viabilidade de Alúmina – Aluminio e dos seus 2.500 empregos en Galicia ao impedir axustar os prezos da enerxía.

Finalmente, explicou que esta situación evidencia que a paralización do tax lease deriva “problema interno do PP” malia que Feijóo “intentara focalizar o problema en Almunia”. Reclamoulle ao presidente da Xunta que “defenda ao sector naval de Galicia e por unha vez antepoña os intereses dos galegos e galegas aos intereses do seu partido”.

Segregación

O responsable socialista reclamou hoxe a supresión do concerto para os centros educativos que segregan por sexos, logo de que o Tribunal Supremo vira ilegais estes concertos en dous centros de Andalucía e Cantabria. Losada criticou que o presidente da Xunta manteña este “negocio para os grupos integristas católicos” lamentando que “para o PP o Opus Dei manda mais que o Tribunal Supremo”.

Dixo que o presidente da Xunta debe comparecer para dar resposta a esta situación, e sinalou que retirarlle o concerto aos cinco centros que segregan por sexos en Galicia suporía un aforro de cinco millóns de euros, “o dobre do aforro que supostamente suporía o pucheirazo electoral de Feijóo”.

Explicou tamén que o anterior concerto dos cinco centros galegos estendíase dende 2004 ata 2009, polo que o goberno socialista tivo que cumprir co convenio asinado antes da súa toma de posesión e non o finalizou porque as eleccións autonómicas tiveron lugar antes de que caducara.

Lamentou que mentres o PP organiza unha “crítica despiadada á Educación para a Cidadanía son capaces sen ningún tipo de vergoña de apoiar a Educación para a Segregación”. Advertiu que si o ministro de Educación ten que recorrer a unha convención da Unesco dos anos 60 para xustificarse “evidencia que o PP continúa nos anos sesenta”.

Eleccións

En resposta a preguntas dos xornalistas, o portavoz do Grupo socialista explicou que “a posición dos socialistas galegos sobre o adianto electoral foi explicada polo secretario xeral o pasado martes” cando esixiulle a Feijóo que “aclare a data das eleccións, porque todo o que sexa incerteza prexudica á actividade económica de Galicia”.

Dixo que “o presidente da Xunta ten a competencia -sobre a convocatoria electoral-, ten que exercitala e contárllela á sociedade galega”, e sinalou que “os socialistas estaremos preparados cando convoque” as eleccións.

Un comentario sobre “El Tribunal Supremo revoca la anulación del anterior concurso eólico del bipartito

¿Y tú qué opinas de esto?