UGT GALICIA
O repago de medicamentos desbarata a recuperación do poder adquisitivo
As políticas impostas polo Goberno fan maior a recesión e recortan a capacidade de consumo das familias
No Estado, os grupos con maior influencia son: a Medicina , cunha taxa anual do 6,6 % (5,3 % en Galicia), como consecuencia da variación da rúbrica de medicamentos e outros produtos farmacéuticos , como resultado da entrada en vigor de cambios na normativa específica do seu financiamento; Transporte , cuxa variación anual aumenta nove décimas e sitúase no 3,8 % (2,5 % en Galicia), debido principalmente ao aumento dos prezos dos carburantes e lubricantes; a vivenda, cunha taxa anual do 5,4 % (6,5 % en Galicia), na súa maioría a causa do aumento dos prezos da electricidade. Tamén cabe sinalar o descenso do grupo de alimentos e bebidas non alcohólicas, que presenta unha variación anual do 1,8 % (1,6 % en Galicia); e a de bebidas alcohólicas e tabaco ; cunha taxa anual do 9,5% (8,7 % en Galicia), dos puntos inferior a do mes pasado.
No Estado, no mes de xullo, os grupos máis relevantes con repercusión negativa no índice xeral son: Vestido e calzado , cuxa variación mensual do -12,2 % (-12 en Galicia) recolle o comportamento habitual dos prezos na temporada de rebaixas; Menaxe , que presenta unha taxa anual do -1,1 % (- 0,8 % en Galicia), debido principalmente a baixada dos prezos dos artigos téxtiles para o fogar e dos mobles . Pola súa parte, os grupos con maior repercusión mensual positiva son: Medicina que presenta unha taxa mensual do 9,7 % (7,2 % en Galicia), debidas principalmente a suba de prezos dos medicamentos e outros produtos farmacéuticos , como consecuencia dos cambios nas normas do copago; Transporte , cuxa taxa do 1,5 % (1,2 % en Galicia) recolle as subidas dos prezos dos carburantes e lubricantes.
Por provincias, presentan unha taxa de variación anual superior á media galega Lugo e Ourense, 2,3 % e 2,4 % respectivamente, por debaixo da media está a provincia de A Coruña cun 1,9 %, e na media a provincia de Pontevedra (cun 2,0 %). No mes, é negativa e similar á media galega en todas as provincias, -0,5 %, salvo en Lugo, onde a caída é unha décima máis acusada, -0,6%
No Estado a taxa de inflación subxacente medra nunha décima e sitúase no 1,4 %, co que sitúa a súa diferenza co índice xeral en 8 décimas. Os aspectos conxunturais da inflación (taxa de inflación xeral sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos, é dicir, a subxacente) están a influír na variación da inflación (con consecuencias moi negativas no poder adquisitivo dos traballadores e traballadoras galegas).
En Galicia a taxa de inflación subxacente é do 1,4%, cunha diferenza de seis décimas con respecto ao índice xeral. Se nos centramos nos servizos, en Galicia, a taxa interanual foi do 1,0 %, tanto en servizos con aluguer de vivenda como en servizos sen aluguer de vivenda.