CIG: CONTRA LOS RECORTES
As organizacións sindicais animan a participar masivamente nas manifestacións convocadas para este luns 30 de xullo nas sete cidades
Nova xornada de protestas na área pública contra os recortes laborais e salariais e na defensa dos servizos públicos
As organizacións sindicais da Área Pública convocan para esta tarde mobilizacións nas sete cidades. A CIG fai un chamamento a participar nas mesmas para amosar o rexeitamento aos novos recortes decretados polo PP, para reclamar a súa paralización e para denunciar o tratamento do que está a ser obxecto o persoal que traballa nas administracións públicas.
A secretaria nacional de CIG-Administracióm, María Carme López Santamariña, participará na manifestación convocada na Coruña e Anxo Louzao, da CIG- Ensino e María Xosé Abuín, de CIG-Saúde, na de Compostela.
Horarios e puntos de saída:
– A Coruña, saída ás 19:30 horas dende a Praza de Pontevedra
– Ferrol, saída ás 20:30h dende a Praza de España
– Santiago de Compostela, saída ás 20:00 horas da Praza Roxa.
– Lugo, saída ás 20:00 horas dende o Edificio administrativo da Xunta.
– Ourense, saída ás 20:00 horas dende o Pavillón dos Remedios.
– Pontevedra, saída ás 20:30 horas dende a Praza da Ferreiría.
– Vigo, saída ás 20:30 horas dende a Vía Norte.
Compostela, 30 de xullo de 2012.
Confederación Intersindical Galega