NOTA Á PRENSA
Dende Cig-saúde Compostela, non saímos do noso asombro ante os datos feitos públicos na rolda de prensa co motivo do balance da actividade do 2º Trimestre presentado pola Xerencia de Xestión Integrada da Área de Santiago.
No tocante a CIRURXÍA:
Prioridade 1 ( pacientes máis graves ) á espera sigue a ser de máis dun mes nalgúns casos.
Prioridades 2 e 3, senón aceptan operarse nos hospitais concertados, xa que prefiren a SANIDADE PÚBLICA, pasan a unha lista non estructural ( que non saen nas estatísticas ) Algún tempo medio de espera para estos doentes? , 1-2 ou máis anos?
No tocante a CONSULTAS E PROBAS DIAGNÓSTICAS:
Nalgúns casos, arquívanse peticións ( como xa temos denunciado en comunicados á prensa ) para non xerar listas de espera, xa que de citalos agora, sería para o 2013 ou 2014. Exp: Resonancias Magnéticas, Ecografías de Xinecoloxía…