Treinta familias participan en el primer programa de compostaje en el municipio de Pontevedra

ADEGA

I programa de compostaxe no concello de Pontevedra

Neste mes de maio o concello de Pontevedra e ADEGA poñen en marcha o I programa de compostaxe doméstica. 30 familias terán a oportunidade de obter un composteiro cedido polo concello.

 Este proxecto non consiste solo no reparto do composteiro, senón que os participantes inscritos de xeito voluntario recibiran formación para controlar o proceso da compostaxe.

O mércores 30 de maio ás 20:00 h os participantes inscritos poderán recoller o seu composteiro no pazo da cultura, tamén recibiran unha charla sobre a xestión dos residuos, a importancia da compostaxe e coidados básicos do composteiro.

 Unha vez instalado o composteiro nas súas vivendas poderán xestionar os seus residuos orgánicos tanto os residuos da cociña como os residuos vexetais da horta e xardín.

 Ao cabo de aproximadamente sete meses obterán o primeiro compost, un abono de calidade que pode ser utilizado na agricultura. Como este é un programa de acompañamento domiciliario neste período de tempo recibiran tres visitas nas que os participantes terán a oportunidade de resolver dúbidas e asegurarse que o seu composteiro está a funcionar correctamente.

A compostaxe doméstica é unha das achegas que desde os nosos fogares podemos facer para preservar o medio.  Os participantes contribuirán a  darlle unha solución á problemática dos residuos reducindo en orixe o volume dos mesmos.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s