III Xuntanza Aberta na Mariña co obxectivo de crear entre todas e todos unha Nova Organización Política para Galicia

NUEVA ORGANIZACIÓN

POLÍTICA

BURELA, SÁBADO 26 DE MAIO DAS 19:00h ÁS 21:00h Salón de Conferencias (Antiga Bilioteca), perto da estación do tren.

AS TÚAS IDEAS E A TÚA PARTICIPACIÓN SON O MÁIS IMPORTANTE!
Boa tarde amigos e amigas: É para nós un pracer convidarvos a participar da que será a III Xuntanza Aberta na Mariña. As Xuntanzas, como xa moitxs saberedes estanse celebrando polos distintos concellos da Mariña co obxectivo de crear entre todas e todos unha Nova Organización Política para Galicia, que teña en conta as necesidades da poboación da comarca e dos seus concellos, e que teña un xeito de funcionar radicalmente diferente aos partidos políticos que actualmente existen e cos que non nos sentimos identificadxs nin representadxs.

Queremos unha Nova organización, de esquerdas e galega no seu sentido máis plural e aberto, que represente os intereses dese 99% que somos a maioría social que traballa para poder gañarse a vida.
Nesta III Xuntanza Aberta na Mariña temos a seguinte orde do día:

1) Presentación dos principios ideolóxicos comúns nos que estamos traballando como proposta para a nova organización política dende a Mariña.
2) Nomeamento dunha Coordenadora Provisional: para organizar a IV Xuntanza Aberta na Mariña (que será unha asemblea constituinte da Nova Organización na Mariña), así como para elaborar os textos polos que se rexerá a nova organización, así como os planos de traballo para a mesma (que tamén terán que debatirse, emendarse e aprobarse na IV Xuntanza para ser válidos).
ACUDE Á XUNTANZA ABERTA E PARTICIPA!

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s