Las organizaciones agrarias reclaman a Feijóo una solución para el sector lácteo, que se muere en Galicia

SECTOR LÁCTEO

21/05/2012
Unións Agrarias (UU. AA),  Xóvenes Agricultores (XX. AA.) y el Sindicato Labrego Galego (SLG)

AS ORGANIZACIÓNS AGRARIAS RECLAMAN AO PRESIDENTE DA XUNTA QUE LIDERE UNHA SOLUCIÓN PARA O SECTOR LÁCTEO

A caída dos prezos do leite xunto coa alza dos custos de produción está poñer en risco de peche moitas explotacións de Galicia

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2012. As organizacións Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores e Sindicato Labrego trasladáronlle por carta ao presidente da Xunta de Galicia a necesidade de que lidere a procura de solucións diante do Goberno central, para sacar o sector lácteo galego do risco certo de estrangulamento financeiro,  por mor dunha escalada dos custos de produción, combinada cunha baixada dos prezos que os gandeiros galegos perciben por parte das industriais.

Na comunicación, a secretaria xeral do SLG e os secretarios xerais de UU.AA. e XX.AA., lémbranlle a Alberto Núñez Feijóo a importancia de manter unha reunión para avanzar nos acordos tomados na Mesa do Leite do pasado mes de abril, co obxectivo de corrixir unha tendencia que pode resultar letal para un sector que, como o lácteo, achega na actualidade 56.000 empregos.

Neste sentido, é fundamental que o consenso de industria, produtores e Administración dea o froito dunha postura común diante da distribución, que é a que impide que as explotacións galegas, a pesar de haber un mercado de proximidade deficitario de leite, vexan como as francesas perciben case un 10% máis de prezo malia estaren nun marco claramente excedentario.

Para os sindicatos, os gandeiros e gandeiras de Galicia precisan que a Xunta lles esixa aos ministerios de Agricultura e de Economía que metan en cintura a distribución francesa e alemá para que nos deixen de tratar como o sumidoiro para a súa produción láctea, a custa de arruinar zonas produtoras como Galicia.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s