Avanza el proyecto de Adega de creación de una red de custodia fluvial en el Ulla, el Umia y el Lérez

RED DE CUSTODIA FLUVIAL

Avanza o proxecto de ADEGA “Creación dunha rede de Custodia fluvial nas bacías do Ulla, do Umia e do Lérez”

 

Santiago de Compostela, 02 de maio de 2012

 

A segunda fase do “Proxecto de Creación dunha rede de Custodia fluvial nas bacías do Ulla Umia Lérez” xa está en marcha. Este proxecto é unha inciativa de ADEGA e está financiado con fondos LEADER polo FEADER, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o AGADER .

A primeiro fase estivo centrada na divulgación da custodia fluvial e na creación de grupos de voluntariado. Foron estes grupos a maioría pertencentes á asociacións dos concellos do GDR20 (A Estrada, Caldas de Reis, Catoira, Cerdedo, Cuntis, Forcarei, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga) os que durante o 2011 saíron aos seus ríos para coñecelos e realizar accións de voluntariado e defensa ambiental. Realizáronse diferentes actuacións ao longo do tempo nas que hai que destacar as inspeccións de río, as xuntanzas, charlas, encontros de voluntariado e tamén as limpezas de ríos realizadas por diferentes entidades de 8 destes 10 concellos.

Foron moitas as persoas interesadas que participaron nesta primeira fase, e son eles os promotores de iniciativas de custodia fluvial que están a xurdir agora. A custodia fluvial é unha ferramenta que permite velar pola conservación dos valores dos ríos. Este tipo de actuación fai partícipe a poboación local, sendo esta a protagonista da propia acción, alén de posibilitar a implicación e identificación co proxecto e empoderando as persoas e entidades participantes.

De todos os proxectos presentados, escolléronse tres (un por bacía) que se desenvolverán neste ano en diferentes ríos e regatos dos concellos de A Estrada, Cuntis e Forcarei.

O proxecto chamado “Arredor da Auga” desenvolverase no concello de Cuntis, promovido pola asociación Cultural O Fervedoiro. O obxectivo da iniciativa é a posta en valor do patrimonio etnográfico das beiras do Río Gallo ao seu paso pola vila do Baño (concello de Cuntis) até o lugar de Meira. Paralelo a este obxectivo está o labor de concienciar á sociedade sobre o ben comunal e comunitario do patrimonio etnográfico.

Outro dos proxectos desenvolverase no concello de Forcarei, promovido por CMVMC de Presqueiras en colaboración coa sociedade de Caza e Pesca de Forcarei, contando co apoio de varias asociacións como  Asociación Cultural Pataqueiros de Millerada ou a  Asociación de Moz@s de Forcarei. As accións a desenvolver neste concello se consolidan baixo o nome “Pesca sostible na bacía do Lérez”. Desta volta, e según a proposta dos pescadores tentarase consolidar un treito de pesca sen morte no río Lérez. Ademáis pretendese recuperar varias levadas de antigos muíños que alén de ser patrimonio paisaxístico e etnográfico, servirán como hábitat para especies piscícolas de gran valor ecolóxico neste río que forma parte da RN 2000.

O último proxecto chamando “Muíños e camiños na bacía do Ulla” desenvolverase en tres ríos do concello da Estrada e contará coa habilitación de dous antigos roteiros, e a eliminación dunha mancha de exóticas invasoras. Estes proxectos están promovidos pola Asoc. Cultural A Xesteira (Couso), Asoc. pola defensa do val do Liñares e Asoc. Cultural Rego de Godoi.

A custodia fluvial baséase nas propostas da poboación para a conservación do medio natural. Deste xeito foron as asociacións citadas as que propuxeron estes proxectos tan interesantes que axudarán a un mellor coñecemento e conservación dos sistemas fluviais destes concellos.

Algúns dos proxectos se desenvolverán en Rede Natura polo que se poñerá tamén en valor o uso e aproveitamento dos recursos protexidos.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s