Los populares gallegos piden al BNG que respete la figura de Fraga

Os populares galegos piden ao Bloque que respecten que unha boa parte da sociedade galega queira lembrar á persoa que durante tantos anos gobernou Galicia

 

O PPdeG asegura que só un partido como o BNG permite que se insulte a unha persoa falecida ante a súa familia

 

  • Non tolera que o Bloque traslade ese tipo de actitudes tan habituais nas súas asambleas a actos en honor a políticos do PP en xeral e da talla de Fraga en particular

 

  • Os populares esixen unha desculpa inmediata á familia de don Manuel por parte do seu voceiro nacional ou do candidato á Xunta

 

  • Ademais piden que rexeite o deplorable comportamento amosado onte pola súa canteira, xa que os galegos non merecen uns representantes políticos que actúen así

 

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2012.- O Partido Popular de Galicia asegurou hoxe que só un partido como o Bloque Nacionalista Galego permite que se insulte a unha persoa falecida ante a súa familia.

 

Segundo os populares galegos, os nacionalistas renunciaron ao respecto político pero consideran fundamental que manteñan o respecto institucional cara don Manuel Fraga.

 

Por este motivo, esixen ao Bloque que respecte que unha boa parte da sociedade galega queira lembrar á persoa que durante tantos anos gobernou Galicia e pídenlle que non protagonice boicots como o de onte, na mesa redonda organizada na Universidade de Santiago en honor a Fraga, capitaneado pola secretaria xeral de Galiza Nova e membro do Consello nacional do BNG, Iria Aboi.

 

Para o Partido Popular de Galicia, a falta de tolerancia, respecto, educación e dignidade amosada onte por boa parte do BNG non é senon espello dos membros desa formación neste momento e apunta que, se ben eles permiten este trato entre compañeiros de partido, os populares galegos non toleran que ese tipo de actitudes tan habituais nas asambleas do Bloque tamén as teñan que trasladar a actos en honor a políticos do PP en xeral e persoas da talla de Fraga en particular.

 

Por iso, os populares piden que no día de hoxe o voceiro nacional do BNG ou o candidato á Xunta ofreza unha disculpa ao PP e á familia de don Manuel Fraga pola conducta de onte dalgún representante do Bloque e rexeite públicamente o deplorable comportamento amosado onte pola súa canteira, xa que a sociedade galega non se merece uns representantes políticos que actúen desa maneira.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s