Adega denuncia que las flores, los bombones y los diamantes del día de San Valentín son sinónimos de esclavitud en el Tercer Mundo

PARA CONSUMAR SEN NOS CONSUMIR

CONSUMO SOLIDARIO

14 de febreiro: por un San Valentín máis ecolóxico

 

 

O día dos namorados e namoradas debería ser un día para disfrutar da parella, pero este mundo consumista, e as tendas que nos rodean eclipsan con corazóns e color rosa o verdadeiro significado desta data. É entón cando a maioría da sociedade polo simple feito de ter unha parella vese case obrigada a mercar agasallos que moitas veces poden ter graves repercusións.

Varios colectivos na cidade de Santiago de Compostela saen á rúa o día 14 de febreiro para denunciar os excesos e as consecuencias dun día onde parece máis importante consumir que amar. Amarante, Equisol e Panxea (organizacións de comercio xusto e consumo responsable), A Gentalha do Pichel (organización social para a defensa da lingua e da cultura) e ADEGA (Asociación ecoloxista) reúnense para denunciar os excesos e consecuencias das compras desta data baixo o lema: Para consumar sen nos consumir.

Un dos máis socorridos regalos para a nosa parella pode ser unha “simple” caixa de bombóns. Pero sabemos de onde ven ese cacao? quen o produce? como se comercializa? quen se beneficia coa súa venda? Neste negocio máis de 300.000 nenos e nenas traballan recolectando cacao en África Occidental en condicións perigosas e de escravismo. Alén diso son poucas as multinacionais que controlan o prezo, os salarios e case a totalidade do mercado do cacao (Nestlé, Mars, Hershey Foods, Kraft e Cadburys).

Outro dos agasallos tradicionais son os ramos de flores (rosas na súa maioría). Hoxe en día milleiros de toneladas de flores abandonan cada día países pobres e explotados como son Ecuador, Colombia ou Kenia, refrixeradas en avións cara os países consumidores (Rusia, Estados Unidos e Europa). Ao mercar estas flores estamos favorecendo o emprego de pesticidas e funxicidas que contaminan acuíferos e lagoas a miles de km de distancia. Por outra banda con esta compra tamén colaboramos coa explotación de miles de mulleres que gañan o prezo dun só ramo por un mes de traballo.

Algunhas persoas con máis poder adquisitivo optan por agasallar xoias. Dende sempre os diamantes son o símbolo do amor eterno, pero, alén de favorecer prácticas pouco sostibles como pode ser a minería a ceo aberto, tamén agochan un mundo de tráfico e irregularidades no seu comercio. Centos de millóns de dólares que xorden do comercio ilícito de diamantes en algúns países africanos van a parar a mans da guerrilla e dos exércitos que practican o troco de diamantes por armas.

Co obxectivo de denunciar e concienciar á sociedade ante estas explotacións e inxustizas silenciadas, os colectivos antes citados reuniranse o día 14 de febreiro, na praza do Toural (Compostela) ás 17:00 da tarde para falar coas namoradas e cos namorados. Nesta xornada haberá degustación de chocolates, obradoiro de flores con material de refugallo, proxección de documentais, e espazo para o debate. Preténdese dar alternativas como pode ser o chocolate de comercio xusto, as flores de comercio xusto, ou de viveiros locais e próximos ou incluso flores artesanais; a alternativa nos diamantes serán aqueles que teñan certificación da súa orixe. Outras alternativas moito máis válidas serán os agasallos non materiais como unha cea romántica, un paseo nun lugar bonito, ou escribir un lindo poema.

Consumir xusta e responsablemente é a mellor opción, pero sobre todo ter en conta que nesta data estar namorado ou namorada e demostralo é moito máis importante que consumir!

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s