Adega denuncia que la nueva Ley de Montes de la Xunta va a permitir las talas indiscriminadas y masivas

 

A nova Lei de Montes non vai impedir as talas a feito nin os cambios de uso das fragas

 

Lugo, 9 de febreiro de 2012. Parte da gran degradación paisaxística, biolóxica e cultural que estamos a sufrir no país é debida ás permisivas normativas forestais que ao longo dos anos favoreceron a destrución total ou parcial de grandes e pequenas superficies de carballeiras e outras masas forestais autóctonas, que logo mudaron de uso e foron transformadas en plantacións de piñeiros ou eucaliptos. ADEGA demándalle á Xunta que a nova Lei de Montes limite as cortas a feito das fragas, que non permita a súa restitución por especies de crecemento rápido e que faga cumprir a lexislación xa existente neste senso. O contrario suporía perpetuar o “franquismo forestal” en forma de máis monocultivos en detrimento da floresta autóctona e da diversidade natural e paisaxística galega.

Dende ADEGA preocúpanos que a futura Lei de Montes de Galiza, que está a punto de ser debatida no Parlamento Galego, siga permitindo estas desfeitas. Tanto na regulación actual como na futura lei, nos seus artigos 60 e 67, continúase a permitir a repoboación con piñeiros (non así con eucaliptos), tras a tala de fragas ou masas forestais autóctonas. Porén, entendemos que a nova normativa debera garantir a conservación e a rexeneración natural das masas autóctonas obrigando a manter as zonas taladas de bosque autóctono con especies frondosas e prohibindo a súa substitución por piñeiros e eucaliptos.

Para ADEGA tamén é preocupante que este proxecto de lei siga permitindo a corta a feito destas masas forestais sen establecer ningún tipo de condicionante ou limitación clara e obxectiva para favorecer a conservación e o fomento dos bosques frondosos. ADEGA demándalle ao goberno que a nova normativa impida a corta a feito de calquera carballeira e que, como alternativa, prime as entresacas selectivas ou rareos, co obxectivo de non afectar gravemente nin ao solo, nin a biodiversidade, nin a paisaxe ligada a estes bosques.

Así mesmo, demandamos máis vixianza das zonas nas que se están a outorgar permisos de cortas, dado que a meirande parte de propietarios están a talar os bosques de frondosas para logo repoboalos con eucalipto, algo que xa está expresamente prohibido polo Decreto 81/1989 sobre medidas de ordenación das novas plantacións co xénero eucaliptus. Pese a esta prohibición con rango de lei e os numerosos casos denunciados por ADEGA ante a Consellaría competente, a Xunta non está a castigar como corresponde este tipo de infraccións nin tampouco amosa vontade para aplicar este regulamento que é de obrigado cumprimento.

Por todo o dito, ADEGA pídelle á Consellaría de Medio Rural e ao goberno galego no seu conxunto que amosen realmente vontade de preservar as masas forestais propias do país limitando as cortas a feito, prohibindo a súa substitución por especies de rápido crecemento e facendo cumprir a lexislación que xa está en vigor neste senso.

Un comentario sobre “Adega denuncia que la nueva Ley de Montes de la Xunta va a permitir las talas indiscriminadas y masivas

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s