El PPdeG recuerda todos los incumplimientos de Blanco respecto a la autopista AP9

PEAJE DE LA AP9

Zapatero e Blanco pechan o último Consello de Ministros antes das eleccións incumprindo compromisos concretos

 

O Goberno incrementa a peaxe da AP9 pese a non ampliala na entrada da Coruña nin conectala co aeroporto de Santiago

 

  • Gómez Alonso recorda que o Executivo comprometeuse a conectar a autoestrada coa Cidade da Cultura, e non o fixo

 

  • Lamenta que Fomento teña perdido unha oportunidade histórica para replantexar de xeito global a funcionalidade da AP-9

 

Santiago, 18 de novembro de 2011.- O voceiro de Infraestruturas do Partido Popular de Galicia, Alejandro Gómez Alonso, lamentou hoxe que Zapatero e Blanco pechasen o último Consello de Ministros antes do 20N incumprindo compromisos concretos en torno á AP9. O deputado popular destaca que o Goberno acordou hoxe unha subida do peaxe que podería afectar ao 100% da autoestrada, pero non aproveitou a ocasión para dar resposta ás eternas promesas que o ministro de Fomento ten por costume facer en actos do seu partido.

 

Gómez Alonso recorda que o Executivo comprometeuse a conectar a AP9 coa Cidade da Cultura, e non o fixo; a conectar a autoestrada co aeroporto de Lavacolla, e non o fixo; e a ampliar a estrada na súa entrada na cidade da Coruña, feito que tampouco quedou avalado hoxe trala despedida formal do peor Executivo que tivo nunca Galicia.

 

Os populares lamentan que as promesas do ministro de Fomento teñan tan pouco percorrido, e desexan que as súas explicacións acerca da súa implicación no caso Campeón teñan algo máis de verdade que os seus últimos compromisos adquiridos con Galicia.

 

O PPdeG esixe a José Blanco que no mesmo día de hoxe aclare cal será a aportación do Estado para mellorar a vía, ou se pola contra o PSOE quere que os costos de ampliación da autoestrada recaian íntegramente sobre os usuarios a través de subidas abusivas no prezo de uso da mesma.

 

Os populares engaden que se o ministro tivera posto un euro do seu peto cada vez que mentiu acerca da AP9 e da súa mellora a ampliación da autovía correría case da súa conta, e polo tanto piden a Blanco que destine as súas últimas horas no Goberno a dar explicacións e non a proferir mentiras e facer falsos anuncios.

 

Así mesmo, o voceiro de Infraestruturas lamenta que Fomento teña perdido unha oportunidade histórica para replantexar de xeito global a funcionalidade da AP-9.

¿Y tú qué opinas de esto?