San Sadurniño cierra el segundo programa de compostaje casero

COMPOST EN CASA

SAN SADURNIÑO (A CORUÑA)  BOTA O PECHE AO SEGUNDO PROGRAMA DE COMPOSTAXE CASEIRA

SAN SADURNIÑO (A CORUÑA) CONCLUYE EL SEGUNDO PROGRAMA DE COMPOSTAJE CASERO

  • Cincuenta fogares continuarán autoxestionando o lixo no fogar
  • Cincuenta hogares continuarán autogestionando la basura producida
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Correo: adega@adega.info
Páxina electrónica: http://www.adega.info

No concello coruñés de San Sadurniño son máis de 80 fogares os que aproveitan en ao máximo os restos orgánicos, transformándoos logo no seu abono para horta e xardín. Con esta práctica son moitas as vantaxes que se acadan; por unha banda maior comodidade para o usuario porque ten o composteiro ao ladiño da casa (máis preto que o contedor do lixo verde), aumenta a súa concienciación e implicación na separación do residuos domésticos, comproban a capacidade de redución do lixo que sae das súas casas e aprenden a elaborar un produto útil, un abono de calidade e por fin unha boa colleita ou unha plantas vigorosas.

No mes de novembro recibiron por parte da educadora ambiental de ADEGA a terceira visita de seguimento dende o mes de maio, cando se realizou a primeira visita porta a porta. Neses seis meses case todos os composteiros tiveron tempo de procesar os restos orgánicos que lles foron servindo os participantes e grazas aos macro e microorganismos que viven nel ofrecer un compost ben maduro. Este abono orgánico libre de químicos e produtos indesexables será empregado para mellorar o solo, aportando nutrientes variados e unha mellor estrutura que reterá máis auga e evitará a erosión.

Nembargante as vantaxes non son só para os usuarios directos, todos os veciños e veciñas se benefician pois suporá unha rebaixa da factura do lixo do concello. Polo sinxelo feito de que menos quilogramos de lixo enviado a SOGAMA menos euros que se pagan. Máis tendo en conta que os restos de froita, verdura, osos, etc. é o que máis pesa no cubo do lixo porque está cargado de auga.

Transformar restos orgánicos da cociña; follas de leituga, casca de ovo, restos de froitas, mondas de laranxa, pousos de café, cinza da cheminea, cunchas de marisco, bolsiñas de té, cascas de pipas, restos de peixe e carne, etc. considerados lixo, en un recurso para o usuario é o que consigue o composteiro. Estímase que ao longo dos sete meses un composteiro de San Sadurniño recibiu como media uns 294 kg de restos orgánicos e aínda así non se conseguiu encher.

Deste xeito a produción de compost a nivel doméstico, ou comunitario, preséntase como a solución máis ecolóxica, razoable e económica para os residuos orgánicos, combinada no seu caso coa alimentación animal. Máis de 300.000 familias galegas de zonas rurais, semirurais e urbanas poden solucionar o problema dunha gran parte do lixo mediante a compostaxe caseira.

¿Y tú qué opinas de esto?