Los populares gallegos critican que el Gobierno central culpe a las comunidades del PP del aumento del paro

O deputado popular é consciente de que os datos que nos deixa o mes de setembro son negativos pero lembra que é un mes onde tradicionalmente se experimentan incrementos do paro

Sueiro lamenta o aumento do desemprego e salienta a necesidade de seguir traballando arreo contra esta lacra

O dirixente popular ten en conta que na evolución anual do paro (de xaneiro a setembro do presente ano) o número de parados en Galicia diminuíu en 4.395 persoas, é dicir, un 1,85%

• Valora positivamente a labor que o equipo de Feijóo estivo levando a cabo desde que entrou na Xunta ata a actualidade a prol da creación do emprego e da recuperación da situación económica

• Lamenta que o Goberno central, concretamente o Ministerio de Traballo, bote balóns fóra e culpe ás comunidades do aumento do desemprego

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2011.- O deputado popular, Alberto Sueiro, lamentou hoxe o aumento do paro rexistrado no pasado mes de setembro, que experimentou un incremento porcentual do 3,71%, e salientou a necesidade de seguir traballando arreo contra esta lacra social que afecta a tantas familias en Galicia e en España.

Para o dirixente popular, é obvio que estamos ante un dato negativo e que se deriva principalmente do remate das contratacións no sector servizos trala tempada estival.

Con respecto a isto, Sueiro recordou que hai que ter en conta que o mes de setembro é un mes onde tradicionalmente se producen aumentos do desemprego, precisamente pola fin dos contratos de verán.

Ademais, o deputado popular subliñou que, na evolución anual do paro (de xaneiro a setembro do presente ano), o número de parados en Galicia diminuíu en 4.395 persoas, é dicir, unha redución porcentual do 1,85%, o que confirma que, a pesar de todo, continúase na senda da contención.

Sueiro afirmou que os populares recibiron os datos do mes de setembro coa plena consciencia de que o desemprego é o problema que máis preocupa aos galegos e aos españois pero tamén é o que máis preocupa ao PPdeG e ao Goberno galego, polo que rematar con el é a prioridade absoluta dos populares neste curso político.

Con respecto a isto, Sueiro valorou positivamente a labor que o equipo de Feijóo estivo levando a cabo desde que entrou na Xunta ata a actualidade a prol da creación do emprego e da recuperación da situación económica.

Nesta liña, lamenta que o Goberno central, concretamente o Ministerio de Traballo, bote balóns fóra e culpe ás comunidades do aumento do desemprego cando, a pesar dos continuos despropósitos do Executivo de Zapatero cara elas, estas están loitando por sobrevivir e, no caso de Galicia, amosan un mellor comportamento económico que o conxunto do Estado.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s