Adega participa en la marcha del 2 de octubre sobre el estado de la Ría do Burgo

ADEGA anima á cidadanía a participar na marcha do 2 de outubro sobre o estado da Ría do Burgo

A Coruña, 26 de setembro de 2011. ADEGA, como membro da Plataforma pola Defensa da ría do Burgo, vai participar na manifestación do día 2 de Outubro na que se esixirá a Xunta de Galiza e ao goberno do Estado español un plan de rexeneración e saneamento integral da Ría, así como a limpeza dos lodos do fondo do estuario. Esta reivindicación que se vén facendo desde hai anos, volve a reactivarse a través desta marcha que terá lugar un mes despois vertido de 37.000 litros de queroseno no corazón da ría, e sobre o que o colectivo ecoloxista analiza os posibles efectos.

ADEGA pide a colaboración da cidadanía e a súa asistencia á manifestación para conseguir que os dous gobernos deixen de evadir a súas resopnsabilidades e asuman as súas obrigas establecendo prazos reais para a rexeneración integral da ría, do mesmo xeito que establecen prazos para obras faraónicas do aeroporto de Alvedro e o outros sen sentido. En ADEGA xa estamos fartos de que os gobernos unha vez ao ano envíen notas á prensa dicindo que xa hai cartos para a rexeneración e de que fagan alarde da toma de acordos que non quedan máis que en lerias entre partidos políticos e en fotos que buscan só votos.

Cremos que a ría non pode esperar máis e esiximos dunha vez por todas un plan de rexeneracíon que non quede na estantería da consellería. A vertedura de queroseno producida o día 2 de setembro forma parte dun longo etcétera de incidentes que leva padecendo ao longo deste século e do pasado a Ría do Burgo. As verteduras máis coñecidas as producidas polos accidentes dos petroleiros Urkiola e Mar Exeo ou as numerosas e repetidas “perdas” da terminal de carga de Repsol. Pero non só está a ser agredida pola contaminación de hidrocarburos: verteduras de augas fecais, (a máis recente delas hai escasos días), os numerosos plásticos que adoitan verse flotando, o constante goteo de aceite de automoción que de seguro chega á ría polos sumidoiros de augas pluviais, os numerosos recheos feitos para a construción dos paseos marítimos e fluviais, etc., forman unha longa restra de atentados ecolóxicos que vén soportando a ría do Burgo.

As Administracións deben devolverlle o explendor roubado á ría do Burgo e convertela nunha fonte de ingresos para a comarca, asociando postos de traballo a actividades náuticas, ao marisqueo ou ao turismo, que nestes tempos de crise tan necesarios son.

Así que animamos á cidadanía a participar desta marcha que partirá o 2 de outubro desde a Praza de Europa do Burgo ata a mesma ría. Será o xeito que teremos de dicirlles aos políticos que xa está ben de que as grandes obras na comarcas se rixan máis polos intereses das grandes construtoras que polos intereses reais da xente que vivimos nela, e que o medio ambiente e a creación de postos de traballo deberían ser prioritarios para aumentar a nosa calidade de vida.

————————————————–

 Os efectos da vertedura de queroseno na ría do Burgo

Son numerosas as verteduras de hidrocarburos producidas na ría do Burgo. As máis coñecidas as producidas polos accidentes dos petroleiros Urkiola e Mar Exeo ou as numerosas e repetidas “perdas” da terminal de carga de Repsol. Pero non só está a ser agredida pola contaminación de hidrocarburos: verteduras de augas fecais, (a máis recente delas hai escasos días), os numerosos plásticos que adoitan verse flotando, o constante goteo de aceite de automoción que de seguro chega á ría polos sumidoiros de augas pluviais, os numerosos recheos feitos para a construción dos paseos marítimos e fluviais, etc., forman unha longa restra de atentados ecolóxicos que vén soportando a ría do Burgo.

A vertedura de queroseno producida o día 2 de setembro forma parte dun longo etcétera de acontecementos prexudiciais que se producen a diarios. Non é a gota que colma o vaso, senón un máis da constantes contaminacións que sufre a ría. Se ben é certo que pola magnitude da vertedura, os efectos que vai provocar serán máis visibles e obvios.

Dos efectos da contaminación por hidrocarburos, aínda que o máis evidente é a mancha que se forma na superficie da auga, afectan a todo o ecosistema mariño. Na superficie os hidrocarburos vanse degradando, algúns compostos volatilízanse, outros disólvense, outros van disgregándose e gañan densidade. Estes pequenos fragmentos de hidrocarburos deixan de flotar e rematan por chegar ao fondo mariño.

O queroseno é un tipo de hidrocarburo moi volátil. Unha grande parte da vertedura do Burgo volatilizouse na atmosfera. Sen embargo, que a vertedura se producira na marea baixa, agrava o efecto deste hidrocarburo sobre o ecosistema. Na ría do Burgo durante a marea baixa descóbrese practicamente toda a súa superficie, agás unha pequena canle na que sempre hai auga, o que fixo que o queroseno entrara en contacto directo coa lama do fondo mariño. Así, este hidrocarburo a priori menos contaminante, impacta directamente sobre os animais que viven na lama.

O efecto máis graves que a contaminación por hidrocarburos é pode provocar sobre os animais que viven na ría é a súa morte. A morte pode ser producida principalmente por: asfixia e envelenamento.

– Se os hidrocarburos manchan as branquias do animal, a película que forman sobre as branquias impide o intercambio gasoso. O animal deixa de respirar, e afoga en pouco tempo.
– Cando o corpo do animal se mancha de hidrocarburos, parte dos contaminantes que hai neles son absorbidos polo animal. Se a concentración é moi alta ou a exposición moi prolongada acaban envelenados e morren.
– As aves e outros vertebrados, solen envelenarse ao tentar limparse. Normalmente estes animais acicálanse co pico ou coa boca, o que provoca a inxestión do hidrocarburo e por tanto envelenase.

A magnitude da mortalidade depende da duración da vertedura, da súa intensidade e da resistencia dos animais afectados. Que non se teña detectado mortalidade de moluscos comerciais na zona do vertido pode ser devido a que a cuncha lles confire aos moluscos unha grande resistencia ás alteracións do medio. Cando no medio se produce unha alteración grave, o animal permanece encerrado dentro da cuncha mentres dura, evitando así ser afectados. Aínda así, xeralmente os xuvenís son máis vulnerables, polo que seguramente non poderán resistir.

Outros grupos de animais como os anélidos poliquetos (as miñocas), ou os anfípodos (pulgas de mar) solen ser máis sensibles á contaminación, e este tipo de verteduras causa neles elevadas mortalidades. A zona na que se produciu a vertedura é unha zona de lama onde o normal é que o grupo de animais máis abundante e diverso sexa o dos anélidos poliquetos, que sen dúbida sufrirán a maior mortaldade.

Outros efectos que de seguro se han producir na ría, son os chamados efectos sub-letais. Estes efectos prodúcense nos animais contaminados que non morren. O animal quedar “peor adaptado” para a vida. Isto tradúcese en, menor fecundidade, e menor “esperanza de vida”. Así estas comunidades teñen menos descendencia e son máis vulnerables a alteracións, como enfermidades, outras contaminación, etc. Estes efectos non son fáciles de observar, e maniféstanse a medio ou longo prazo e probablemente nunca chegaremos a saber exactamente o seu alcance.

Para saber ben ata onde chegan estes efectos e cal é o impacto real da vertedura, habería que facer un estudo a longo plazo da evolución das comunidades dos animais que viven na ría e non só dos bancos marisqueiros. Intentar coñecer o impacto da vertedura a longo prazo significaría adquirir un compromiso real coa recuperación e rexeneración da ría. Álgo que ás autoridades e responsables das administracións din desexar, pero que non acaban de afrontar.

ADEGA
Setembro 2011

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s