Seis millóns de € para aparcadoiros, galpóns, farolas e xardíns nos hábitats prioritarios da Frouxeira
A responsabilidade deste despropósito recae na Demarcación de Costas promotora do proxecto, a quen corresponde a xestión do Dominio Público Marítimo-Terrestre, mais podería estenderse tamén á administración autonómica e local. As administracións deberan evitar accións de urbanización/humanización dos nosos espazos protexidos, máxime cando nestes hai importantes hábitats e especies en perigo de extinción. É a súa obriga legal vixiar pola conservación deste patrimonio público, que tamén pertence ás xeracións futuras. Xa que logo, os poderes públicos deberían buscar outros xeitos máis sustentábeis de xestionar o litoral que non sexa entrar co veículo privado até os mesmos areais provocando severos impactos, algúns irreversíveis, sobre os hábitats e especies protexidos..
Este proxecto de Costas está redactado á marxe da normativa de protección e dos obxectivos de conservación deste singular espazo natural, e formula propostas que conlevan a destrución de hábitats prioritarios, así como a perda de valiosísimas poboacións de especies protexidas. Con estas actuacións tampouco se corrixen ningún dos problemas que afectan a este espazo, e menos aínda os relacionados co uso público e sustentábel da súa biodiversidade e paisaxe.
Eis algúns exemplos:
-Críanse novos aparcadoiros na Rede Natura 2000 que dininúen a extensión das dunas e aumentan a presión sobre o ecosistema.
-Trasládase o galpón da praia dos Botes para situalo sobre unha duna gris, un dos hábitats considerados de conservación prioritaria na Rede Natura..
-Ubícanse numerosas pasarelas sobre as dunas protexidas con especies vexetais en perigo de extinción como Anthirrynum majus var. linkianum.
-Exprópiase e derrúbase unha edificación na praia grande (deixando a piscina existente) para erguer outro edificio aínda maior co mesmo uso e cun importante desembolso de fondos públicos.
-Críanse novas pradarías (un hábitat alleo) con xenotipos alóctonos e criterios máis propios dunha actuación de «axardinamento».
Cremos que un investimento de máis de 6.000.0000 de euros para «humanizar» un espazo natural protexido con hábitats prioritarios e especies en perigo de extinción supón ademáis un inxustificado e intolerábel desbaldimento de cartos públicos.
Dende ADEGA solicitamos a Costas a retirada deste proxecto por consideralo lesivo cos obxectivos de conservación deste espazo e á Xunta que informe negativamente sobre na súa realización por afectar a valores naturais cuxa protección está consagrada pola lexislación autonómica, estatal, europea e internacional. Tamén achegaremos aos organismos internacionais, Comisión Europea e secterariado da convención RAMSAR, os detalles das obras na Frouxeira para que tomen as oportunas medidas tendentes a garantir a conservación dos seus valores naturais.
[…] posibilidad de una apertura natural era una de las opciones que barajaba la Xunta de Galicia, en su informe técnico sobre la situación de la laguna, tal y como explicó la semana pasada el […]
Me gustaMe gusta