MANIFESTACIÓN 18 SETEMBRO
COMUNICADO 15M LUGO
Ante os continuos ataques que están a sufrir os servizos públicos, principalmente sanidade e educación, o Movemento 15M Lugo chama á movilización o día 18 de setembro, sumándose ás convocatorias das diferentes cidades españolas.
Esiximos a protección dunha educación pública e de calidade fronte aos recortes orzamentarios que perxudican ao alumnado e empeoran as condicións laborais do profesorado.
Defendemos a sanidade pública, universal e de balde, que non quede sometida ás imposicións das industrias farmacéuticas e intereses privados.
Convocamos a tódolos colectivos de profesionais da educación e sanidade, de alumnos e pais de alumnos e a toda a cidadanía a secundar de forma masiva a manifestación do día 18 de setembro, en Lugo ou noutras localidades, para non renunciar a uns servizos públicos aos que temos dereito.
DATA: 18 de SETEMBRO 2011
HORA: 20.00
LUGAR: PRAZA MAIOR de LUGO
