El Proyecto Ríos reinicia su campaña de voluntariado ambiental dentro de la comunidad gallega

O PROXECTO RÍOS INICIA A SÚA CAMPAÑA DE PRIMAVERA 2011 E ORGANIZA AS XIII  XORNADAS DE FORMACIÓN DO VOLUNTARIADO.

  • O 15 de Abril iníciase a campaña de primavera do Proxecto Ríos, que se prolongará ata o 1 de Xuño

Santiago de Compostela, 15 Abril de 2011

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantenemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación. Este proxecto é iniciativa de ADEGA e está promovido e financiado por Augas de Galicia e a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

O Proxecto Ríos ven de apresentar o inicio da campaña de primavera de 2011, onde se deu cumprida conta das actividades programadas para esta campaña. As actividades programadas para esta campaña serán:

• XIII xornadas de formación de coordinadores de grupo do Proxecto Ríos: terán lugar na EHEC Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con) o sábado 30 de abril. Nestas xornadas afondaremos na identificación dos macroinvertebrados, animais fundamentais no traballo de inspección dos grupos pola súa condición de bioindicadores. Ademais realizaremos a primeira xuntanza de traballo para a elaboración do manual de custodia fluvial que será editado a finais de 2011. Este manual será unha guía para que os grupos que participan no Proxecto Ríos poidan propoñer actuacións concretas de mellora do seu treito de río. Pretendemos elaborar un documento participativo onde recoller as achegas aportadas polos grupos participantes, xa que este manual está destinado a eles.

• Saídas formativas: está aberto o prazo para que os novos grupos participantes poidan solicitar unha saída guiada ao seu treito de río. Estas saídas teñen o obxectivo de explicar a metodoloxía de inspección de río in situ.

• Presentación do novo cuadríptico divulgativo do Proxecto Ríos: Na presentación de hoxe aproveitamos para amosar o novo material divulgativo editado polo Proxecto Ríos.

Para máis información:

info@proxectorios.org  

http://www.proxectorios.org/

¿Y tú qué opinas de esto?