El Grupo Popular presenta una moción en el Senado para pedir más recursos económicos estatales destinados a los municipios que albergan centros penitenciarios

COMUNICADO DEL PARTIDO POPULAR DE GALICIA

María Jesús Sáinz apunta que a moción ten carácter nacional e pretende recoller a voz de todos os alcaldes de España cuxos concellos acollan centros deste tipo e padezan as mesmas necesidades e carencias

 

O GPP presenta unha moción no Senado para poñer fin aos problemas dos concellos que acollen centros penitenciarios

 

  • Caínzos salienta que estes centros supoñen un gasto importante para os concellos nos que se asentan, algo que o Goberno central debe tomar en consideración á hora de repartir os fondos estatais

 

  • Lembra que os centros penitenciarios están exentos do pagamento do IBI pero sen embargo non se contempla nos Orzamentos Xerais do Estado compensación para os concellos nos que se asentan

 

  • Destacou o problema de concellos como Curtis, que adeuda o pagamento de tributos en concepto dalgunhas taxas de basura ou de abastecemento de auga, e onde a débeda xa alcanza a cifra de case 130.000 euros

 

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2011.- O senadora do Grupo Popular na Cámara Alta, María Jesús Sáinz, acompañada dos alcaldes populares de Curtis, Javier Caínzos, e Outeiro de Rei, José Pardo, e do tenente alcalde do Pereiro de Aguiar, Manuel Doval, sinalou hoxe que os populares presentaron unha moción no Senado para poñer fin aos problemas dos concellos que acollen centros penitenciarios.

 

Como subliñou Caínzos, estes centros supoñen un gasto importante para os concellos nos que se asentan, algo que o Goberno central debe tomar en consideración á hora de repartir os fondos estatais. Entre os problemas aos que se enfrontan estes municipios, está o feito de que a pesar de que ditos centros acollen un número considerable de reclusos, ao non estar empadroados, non se teñen en conta para a participación dos fondos do Goberno central.

 

Do mesmo xeito, o alcalde de Curtis lembrou que os centros penitenciarios están exentos do pagamento do IBI pero sen embargo non se contempla nos Orzamentos Xerais do Estado compensación para os concellos a pesar de ter que ofertar determinados servizos básicos. Inconveniente que se suma aos problemas de seguridade que surxen nos concellos con centros deste tipo, derivados dos traslados ou permisos dos reclusos, que obrigan á Garda Civil a centrarse neles, deixando un baleiro no que atinxe á seguridade cidadá. Por iso, segundo Caínzos, os populares piden tamén ao Ministerio do Interior que se reforce a seguridade, fundamental para os concellos.

 

Ademais, o popular sinalou o problema de concellos como Curtis, que adeuda o pagamento de tributos en concepto dalgunhas taxas de basura ou de abastecemento de auga, e onde a débeda xa alcanza a cifra de case 130.000 euros.

 

Caínzos e Doval pediron, polo tanto, que se faga xustiza con estes concellos que están prestando un servizo importante e deben ser compensados por iso.

 

Pola súa banda, María Jesús Sáinz fixo fincapé en que a moción ten carácter nacional, a pesar de que se formulara facendo mención aos concellos de Galicia, e trátase dunha petición que pretende recoller a voz de todos os alcaldes de España cuxos concellos acollan centros penitenciarios e sufran esa problemática.

¿Y tú qué opinas de esto?