Di que o secretario xeral dos socialistas está “montando un circo” para non aclarar por qué reformou o seu pazo sen licenza e sen pagar impostos, e lamenta que queira ser “diferente aos demais”
Rueda: “Vázquez alterna querelas e burradas porque non é capaz de explicar as súas presuntas irregularidades fiscais e urbanísticas”
• Cre que Vázquez podería ter algo que esconder na súa residencia de San Amaro e por iso non quere abrir a porta aos técnicos de Urbanismo que se desprazaron ata alí, previa notificación, para visitar a reforma efectuade sen licenza
Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2011-. O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, lamentou que Manuel Vázquez evitase unha vez máis a transparencia respecto da reforma do seu pazo de San Amaro, negando a entrada aos funcionarios que pretendían revisar a obra efectuada sen cobertura legal para ver se hai lugar a unha legalización total ou parcial dos traballos.
O dirixente popular lamentou “o evidente nerviosismo” do secretario xeral do PSOE que alterna insultos e barbaridades con querelas que pretenden tapar as súas presuntas irregularidades fiscais e urbanísticas.
Rueda cre que Vázquez podería ter algo que esconder na súa residencia de San Amaro e por iso non quere abrir a porta aos técnicos de Urbanismo que se desprazaron ata alí, previa notificación, para visitar a reforma.
O número dous dos populares cre que Manuel Vázquez pretende ser máis que os demais e recibir un trato diferente ao do resto de cidadáns, algo que carece de sentido. “Resúltalle imposible dar as explicacións que todo o mundo espera”, dixo, quen engadiu que as denuncias de Vázquez, que pretende colocarse como vítima política “só son un basto intento por facer un circo deste asunto”. “Son as cortinas de fume” que lanza un político en apuros.
“Vázquez fixo unha casa e agora non quere pagar os impostos que desde o principio intentou eludir”, dixo.
Rueda evitou entrar nos insultos desproporcionados proferidos polos números un e dous do PSOE, e asegurou que non distraerá a atención as súas palabras dunha realidade: que Vázquez debe dar explicacións de inmediato das súas posibles irregularidades.
LA NOTICIA TAMBIÉN HA SALTADO A LOS FOROS DE INTERNET
[…] El escándalo sobre el chalé del secretario general de los socialistas gallegos Vázquez se exacerb… […]
Me gustaMe gusta