Más de 27.000 visitantes se acercaron a recorrer el Museo del Mar de Galicia en Vigo durante 2010

O MUSEO DO MAR DE GALICIA SUPEROU AS 27.000 VISITAS DURANTE O PASADO ANO

 El Museo del Mar de Galicia superó las 27.000 visitas recibidas durante el pasado año

  • Este dato supón un incremento substancial respecto ao rexistro de 2009, que xa se igualara en agosto. A cifra non inclúe as visitas aos espazos públicos do Museo

 

Santiago, 2011.- O Museo do Mar de Vigo pechou o pasado ano 2010 cun total de 27.000 visitantes procedentes de ata 32 países, así coma de todas as comunidades autónomas españolas. Esta cifra supón un incremento moi significativo respecto á acadada no 2009 e que xa a finais do pasado agosto se lograra igualar.

 

A consecución deste rexistro é debida ao incremento e mellora da oferta didáctica, así coma ao crecemento das visitas durante o verán, provocada á súa vez pola programación expositiva desenvolvida e polo alto número de visitantes foráneos. Nesta cifra non se contabilizan as persoas que, sen pasar polo mostrador, si accederon aos espazos públicos do museo e participaron en distintas actividades coma obradoiros, conferencias ou ciclos.

 

En canto á actividade didáctica –cuxas visitas tampouco se inclúen no rexistro total-, gozou dunha grande aceptación por parte dos escolares participantes. En total, foron 11.178 rapaces os que acudiron ás visitas guiadas e aos obradoiros organizados durante o 2010 e predominou a afluencia á exposición permanente fronte ás exposicións temáticas.

 

Entre as mostras temporais, destaca especialmente o éxito da organizada baixo o título de Land’s End, na que se expoñían pintura e poemas de Mathieu e Chloé Batisseau baseadas nas súas experiencias nos Finisterrae europeos. Aínda que o número d visitantes non se pode determinar ao pertencer ao grupo de actividades que non requirían pasar polo mostrador, a súa gran afluencia deixouse notar na taberna do Museo.

 

Ademais, o Centro Salinae recibiu arredor de 13.000 visitas no pasaso ano. A fusión de servizos co Museo do Mar permitiu mellorar a eficiencia dos traballos didácticos, o que tamén se traduciu nun aumento do número de obradoiros e actividades complementarias do Centro Arqueolóxico do Areal, así coma no número de visitantes.

 

Un museo de referencia

Ademais do positivo das cifras do pasado ano, cómpre salientar a difusión da imaxe do Museo e a promoción de actividades relacionadas co patrimonio marítimo. Deste xeito, foi sede da reunión dos ministros de Pesca da UE co gallo da presidencia española da mesma, así coma do VII Congreso de Museos e Centros de Patrimonio Cultural Marítimo de España (ENH).

 

A todo isto hai que engadir a asistencia ao VII Congreso da Asociación Patrimonio Marítimo Europeo, onde o director do museo, Pablo Carrera, resultou escollido como membro do comité executivo desta organización.

 

Asemade, o Museo participou no evento conmemorativo do Día Marítimo Europeo, ao tempo que potenciou o seu papel de asesor a diversas institucións galegas relacionadas co patrimonio marítimo.

Un comentario sobre “Más de 27.000 visitantes se acercaron a recorrer el Museo del Mar de Galicia en Vigo durante 2010

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s