Más de 200 usuarios del centro sociocomunitario de Bouzas se reúnen para celebrar que cumple su primer cuarto de siglo
O centro sociocomunitario de Bouzas reúne a máis de 200 usuarios e usuarias para celebrar o seu XXV aniversario
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, participou hoxe nos actos conmemorativos que se levaron a cabo no hotel Coia.
Vigo, 11 de febreiro de 2011.- O centro sociocomunitario de Bouzas, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, celebrou hoxe o seu XXV aniversario cun xantar conmemorativo no que participaron máis de 200 usuarios e usuarias do centro social.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, participou hoxe neste acto conmemorativo que pretendía ser unha actividade aberta a todos os usuarios e usuarias durante a xornada de hoxe.
O acto, que tivo unha moi boa acollida, comezou ao mediodía cun xantar no hotel Coia para despois seguir con música e baile durante toda a tarde. Asistiron os usuarios e usuarias do centro de Bouzas que día a día realizan as distintas actividades que se ofertan así coma o presidente do Consello de Usuarios, a directora do centro, antigos directores e representantes da Consellería de Traballo e Benestar en Vigo.
Os usuarios e usuarias do centro sociocomunitario de Bouzas teñen unha ampla oferta anual de actividades que pasa por obradoiros culturais, de alfabetización, axilidade mental, corte e confección, bolillos ou informática, entre outros, así coma cursos de canto, pilates, ioga, ximnasia de mantemento, taichi e, incluso, máis novidosos coma un obradoiro de cine no que os propios alumnos e alumnas levaron a cabo toda a realización e produción de catro cortos cinematográficos que estrearán proximamente.
[…] Actualizados : Dos centenares de personas celebran el 25 aniversario del centro sociocomunitario de Bouzas Detenidos seis integrantes de un clan rumano en Arteixo por esclavizar presuntamente a ocho […]
Me gustaMe gusta