Feijóo asegura que la Xunta se volcará en garantizar la solvencia de Novacaixagalicia

Sostén que facilitar os créditos aos autónomos, ás pequenas e medianas empresas e sanear os balances “é o máis importante” que se pode plantexar neste momento: “Iso foi o que se nos dixo no mes de decembro, o que inspirou ao Banco de España para acordar permitir e santificar a fusión das caixas galegas. E iso foi o que fixo a Novacaixagalicia”

 Feijóo asegura que la Xunta se volcará en garantizar la solvencia de Novacaixagalicia. Propone que la nueva normativa financiera mantenga el doble objetivo de facilitar el crédito y garantizar unos balances saneados. El presidente de la Xunta de Galicia sostiene que lo más importante en el momento actual es facilitar créditos a los autónomos y las pequeñas y medianas empresas para que saneen los balances. “Eso fue lo que se nos dijo en diciembre, y lo que inspiró al Banco de España para acordar permitir y santificar la fusión de las cajas gallegas: y eso fue lo que se hizo con Novacaixagalicia”, asegura, ante los problemas de la caja única gallega para adaptarse a la nueva normativa emanada del Ejecutivo central.

FEIJÓO PROPÓN QUE A NORMATIVA FINANCEIRA MANTEÑA O DOBRE OBXECTIVO DE FACILITAR O CRÉDITO E GARANTIR UNS BALANCES SANEADOS

 

  • Asegura que “a Xunta ten un camiño trazado e vamos a seguir trazándoo: primeiro, garantir a solvencia da entidade financeira galega; e, segundo, intentar que a entidade financeira galega teña unha vinculación directa con Galicia”
  • Pide sentido común para que, “se hai unha entidade solvente no mes de decembro, que non se diga que non é solvente no mes de xaneiro”; para que “non se fagan reformas de reformas que estrangulen o crédito” e que non se lle pida as caixas unha serie de parámetros que non teñen que ver coa solvencia e co saneamento do balance
  • Fronte á improvisación, ao cambio de criterio e a irresponsabilidades, avoga polo rigor, pola previsión de criterio e pola responsabilidade antes de tomar decisións
  • Amosa a súa preocupación ante a posibilidade de que o ministro de Fomento non queira que Galicia teña unha entidade financeira solvente e di que ”non pode ser que todos os fins de semana os membros do Goberno central veñan aquí a exculparse”

 

Vigo, 7 de febreiro 2011.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, propuxo que a normativa financeira manteña o dobre obxectivo de facilitar o crédito e garantir uns balances saneados.

 

O responsable do Goberno galego afirmou que facilitar os créditos aos autónomos, ás pequenas e medianas empresas e sanear os balances “é o máis importante” que se pode plantexar neste momento. “E por iso, espero e desexo que estas sigan sendo as liñas do posible acordo: que se facilite o crédito e non se estrangule e que se teña en conta que o fundamental é que os balances estean saneados, e  non outros parámetros que non teñen que ver directamente co saneamento dos balances. Iso foi o que se nos dixo no mes de decembro, o que inspirou ao Banco de España para acordar permitir e santificar a fusión das caixas galegas. E iso foi o que, exactamente, fixo a Novacaixagalicia”.

 

A pesar de que aínda hai moitas dúbidas sobre o que quere facer o Goberno e sobre a súa intencionalidade última, Feijóo amosou o seu desexo de que esta semana queden despexadas, “para ben ou para mal”.

 

A preguntas dos xornalistas, o titular da Xunta lembrou que o Goberno galego sempre estivo ao lado da posibilidade de ter unha entidade financeira galega, aínda que recoñeceu que “é evidente que hai outros que non están traballando por iso; e é evidente que hai moitísimos intereses económicos, financeiros e políticos de que non sexa así”.   

 

Diante desta situación, aseverou que “a Xunta ten un camiño trazado e vamos a seguir trazándoo e imos seguir percorrendo ese camiño: primeiro, garantir a solvencia da entidade financeira galega; e, segundo, intentar que a entidade financeira galega teña unha vinculación directa con Galicia. Esas son as dúas formas en que a Xunta de Galicia traballou e vai seguir traballando”.

 

Feijóo pediu un pouco de sentido común para que, “se hai unha entidade solvente no mes de decembro, que non se diga que non é solvente no mes de xaneiro”; e para que “non se fagan reformas de reformas que estrangulen o crédito” e que non se lle pida as caixas unha serie de parámetros que non teñen que ver coa solvencia e co saneamento do balance. “Iso é o importante: facer provisións e facer un balance saneado para poder seguir dando crédito. E isto foi o que fixo a fusión”, reiterou.

 

Fronte á improvisación, ao cambio de criterio e a irresponsabilidades, Feijóo avogou polo rigor, pola previsión de criterio e pola responsabilidade antes de tomar decisións. Deste xeito, asegurou que “a Xunta verá cál é o campo de xogo, cáles son as regras de xogo e, en función diso, teremos que buscar unha fórmula. Insisto, as caixas e os bancos teñen que dar crédito e, en segundo lugar, para poder dar crédito teñen que ser solventes”.

 

No tocante ás declaracións do ministro de Fomento, e logo de constatar que non se reuniu con el o 8 de xaneiro, o presidente da Xunta amosou a súa preocupación de que pareza que o ministro non quere que Galicia teña unha entidade financeira solvente.”Iso é preocupante e por iso espero que non sexa verdade o que aparenta e que traballe como o resto das forzas políticas, sociais e económicas en facer unha entidade solvente e que teña unha relación cos sectores industriais e económicos de Galicia”.

 

Feijóo afirmou que “non pode ser que todos os fins de semana os membros do Goberno central veñan aquí a exculparse. Exculparse polas súas improvisacións históricas no ámbito financeiro, exculparse polas súas ausencias no Xacobeo ou exculparse fronte a recursos que prexudican os intereses xerais de Galicia e que benefician algúns intereses. Vir os fins de semana a exculparse e incluso a inventarse reunións en lugares e datas é algo sorprendente”, concluíu.

 

Un comentario sobre “Feijóo asegura que la Xunta se volcará en garantizar la solvencia de Novacaixagalicia

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s