El Ejecutivo de Feijóo asegura que se están dando pasos para ejecutar por fin la autovía de la Costa da Morte

MEDIO AMBIENTE PUBLICA NO DOG O ESTUDO DE VIABILIDADE ECONÓMICA- FINANCEIRA DA AUTOVÍA DA COSTA DA MORTE, MOSTRA DO COMPROMISO COA EXECUCIÓN DA INFRAESTRUTURA VIARIA

 A nova planificación permite a redución do tempo de execución en tres meses e o prazo concesional en 5 anos
 Os beneficios tamén abranguen un sistema de contraprestación basado no canon de dispoñibilidade e un aforro acumulado no periodo concesional de preto de 300 millóns de euros
 Unha vez rematado o período de información pública, non se presentou nin unha soa alegación ao novo estudo de viabilidade da Autovía Carballo-Berdoias
 As obras comezarán no terceiro trimestre do vindeiro 2011, tendo en conta que xa están dispoñibles os terreos necesarios e que está o proxecto de obra aprobado
 Esta actuación é considerada polo Goberno galego como fundamental para resolver os problemas de capacidade viaria presente e futura para a zona, mellorando a estrutura territorial de comunicacións da comarca de Cee coa Coruña e a meseta peninsular

Santiago.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha resolución pola que se fai pública a realización das actuacións preparatorias do contrato de concesión de obra pública para a construción da autovía da Costa da Morte e se somete a información pública o seu estudo de viabilidade económica-financeira.

Este proceso de información pública realizouse en cumprimento do establecido no artigo 112 da Lei de Contratos do Sector Público, mostrando así o compromiso adquirido pola Xunta de Galicia para a execución da autovía. Esta actuación é considerada polo Goberno galego como fundamental para resolver os problemas de capacidade viaria presente e futura para a zona, mellorando a estrutura territorial de comunicacións da comarca de Cee coa Coruña e a meseta peninsular.

Unha vez rematado o período de información pública, cabe citar que non se presentou nin unha soa alegación ao novo estudo de viabilidade da Autovía Carballo-Berdoias. Este estudo de viabilidade recolle o réxime de utilización e explotación da obra, a súa forma de financiamento e o réxime de pagamentos que rexerán a concesión, así como orientar aos futuros licitadores na presentación das súas ofertas.

Despois da renuncia á celebración do contrato de concesión de obra pública da autovía Carballo-Berdoias por razóns de interese público, conforme ao disposto na lei reguladora da contratación pública, o departamento que dirixe Agustín Hernández encargou un estudo de viabilidade económico-financeiro para que a execución desta autovía teña encaixe nos orzamentos dos vindeiros anos.

O estudo foi aprobado incorporando melloras como que o réxime dos pagamentos por parte do Goberno á sociedade concesionaria farase a través dun canon por dispoñibilidade. Este feito implica que a construción e explotación da autovía será responsabilidade da empresa adxudicataria, á vez que se permite facilitar o financiamento da infraestrutura ao non asumir a empresa concesionaria o risco de demanda (valor que non depende da súa actuación).

Outra das melloras é que o plan de explotación da autovía comprende a relación de medios que a concesionaria debe dispor durante toda a vida útil da concesión, garantindo uns niveis de calidade óptimos para os usuarios. Por último, o sistema de pago por dispoñibilidade implica que a empresa construirá e explotará a autovía da Costa da Morte a cambio dunha contraprestación por parte da Xunta que consistirá nunha cantidade anual (fixada na oferta), que poderá ser modificada en función duns criterios de calidade do servizo prestado con referencia a uns indicadores de calidade obxectivos, recollidos no Prego de Cláusulas Administrativas Particulares (PCAP) que se están elaborando.

A Consellería de Medio Ambiente sinala que as previsións para a tramitación que manexa a Xunta e que deben desembocar na execución desta obra son as seguintes:

 Licitación da concesión neste mesmo ano. Na actualidade estanse a ultimar os Pregos de cláusulas administrativas particulares, polo que neste mesmo mes aprobarase o expediente de información pública.
 Adxudicación do contrato de concesión, previa valoración das ofertas presentadas, actuación que se levará a cabo no segundo trimestre do ano 2011, concretamente antes do verán.
 Comezo das obras no terceiro trimestre do vindeiro 2011, tendo en conta que xa están dispoñibles os terreos necesarios e que está o proxecto de obra aprobado.
 Remate das obras dentro desta lexislatura.

2 comentarios sobre “El Ejecutivo de Feijóo asegura que se están dando pasos para ejecutar por fin la autovía de la Costa da Morte

Replica a La Xunta adjudicó hoy, por tercera vez, al consorcio formado por cuatro constructoras gallegas las obras de la Autovía de la Costa da Morte | Asturgalicia Noticias Cancelar la respuesta