La Xunta alega contra los planes de gestión de la merluza y la sarda que proyecta el gobierno central

O director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños reuniuse en Madrid con representantes do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño

A XUNTA TRASLADA AO GOBERNO CENTRAL AS SÚAS ALEGACIÓNS NA PROCURA DUNS PLANS DE XESTIÓN DA PESCADA E DA XARDA QUE ATENDAN ÁS NECESIDADES REAIS DO SECTOR PESQUEIRO GALEGO

 No que respecta á pescada Pablo Fernández defendeu a transmisión de cota do mesmo censo entre varios barcos da mesma empresa ou diferentes empresas
 O director xeral solicitou a realización, de cara ao vindeiro ano, dun plan de xestión para o rapante, o lirio, o rape ou o xurelo, xa que as cotas consumidas destas especies están chegando ao peche
 No relativo á xarda demandou reservar unha porcentaxe da cota para o segundo semestre para o arrastre, o cerco e as artes menores

Santiago.- A Xunta trasladou ao goberno central as súas alegacións na procura duns plans de xestión da pescada e da xarda para 2011 máis igualitarios e adaptados ás necesidades reais do sector pesqueiro galego. O director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, reuniuse esta mañá na Secretaría General del Mar con representantes da Dirección General de Recursos Pesqueros y Acuicultura para facer as achegas de Galicia aos borradores de ordes ministeriais que regulan a xestión da pesquería da pescada e da cabala. A esta reunión tamén asistiron representantes do sector e das administracións autónomas implicadas.

No que respecta á pescada, Pablo Fernández, defendeu, entre outros aspectos, a posibilidade de distribución individualizada da cota -principalmente para a frota de arrastre- entre empresas ou barcos e a transmisión de cota do mesmo censo entre varios barcos da mesma empresa ou diferentes empresas. O obxectivo é adecuar e racionalizar o esforzo pesqueiro dacordo coas preferencias e planificacións da actividade dos buques, implicando directamente aos armadores e dotándoos de responsabilidade na xestión da propia pesquería. Isto serviría, ademais de para regular as capturas, tamén para regular os mercados. En canto ao seu reparto, o director xeral espuxo unha vez máis, que se debería establecer baseándose nos datos comprendidos entre o período 2002-2009 e non soamente cos datos comprendidos entre 2005 e 2009, dende que se iniciou o plan de recuperación. Estes datos son máis uniformes e, polo contrario, os outros variaban bastante e favorecían aos que sobrepescaron.

Outra das demandas trasladadas por parte de Galicia no relativo á xestión da cota da pescada é a de retirar da futura orde a modalidade pincho-caña e que a súa porcentaxe de cota se inclúa na modalidade de artes menores. O titular de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños tamén espuxo a petición do sector de arrastre e do de palangre e volanta, incluídos no plan de recuperación da pescada sur e cigala do Cantábrico e Oeste da Península Ibérica de aumentar nun mes máis a parada obrigatoria, pasando dos 30 días que suxire o MARM a 60.

Ademais o director xeral expresou a preocupación de Galicia pola non inclusión neste plan de xestión doutras especies como o rapante, o lirio, o rape ou o xurelo e pediu a realización dun plan de xestión para estas especies de cara ao vindeiro ano, xa que as cotas consumidas destas especies están chegando ao nivel de peche.

Por outra banda, entre as demandas expostas polo director xeral no relativo á xarda destaca a petición de reservar unha porcentaxe da cota desta especie para o segundo semestre, destinándose ao arrastre, ao cerco e ás artes menores, entendendo que deberán poder participar toda a frota do cerco, xa que este ano non puideron participar os buques de cerco de máis de 50 GT. O director xeral plantexou adiantar esta reserva ao mes de xuño ou ao mes de maio, en vez de ter que coincidir co inicio do segundo semestre, o 1 de xullo. Ademais Pablo Fernández realizou unha proposta de reparto das porcentaxes de captura da cabala ás diferentes frotas e solicitou que no consumo das cotas se tivera en conta a modalidade á que o buque está autorizado agás nos cambios temporais de modalidade, nos que seguirán computando ao seu censo orixinario.

Anuncios

Un comentario sobre “La Xunta alega contra los planes de gestión de la merluza y la sarda que proyecta el gobierno central

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s