MÁIS DA METADE DOS OPOSITORES PENDENTES DE TOMAR POSESIÓN DA SÚA PRAZA XA TRABALLAN NA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
Boa parte dos que quedan por tomar posesión farano xa no mes de marzo
Neste momento non existe ningún opositor que cumpra os requisitos legais para poder acceder á súa praza antes
O Goberno bipartito non comezou a celebrar ningún proceso nun ano, posto que non nomearon ningún tribunal
En marzo terán destino das súa prazas os 1.600 do maior concurso de traslados de funcionarios da historia, co que non haberá ningún funcionario da Administración Xeral en destino provisional
Santiago, 4 de febreiro de 2011- Máis da metade dos opositores que neste momento están pendentes de tomar posesión da súa praza, un total de 435, xa están traballando na Administración autonómica, posto que aspiraron a un proceso selectivo de promoción interna.
Ademais, boa parte dos que quedan por tomar posesión farano no vindeiro mes de marzo, logo de que rematen varios procesos que aínda están en curso, o que imposibilita que o poidan facer neste momento.
A Dirección Xeral de Función Pública, dependente da Consellería de Facenda, non pode outorgar as prazas aos opositores ata que rematan os procesos selectivos e cumpren os requisitos legais para tomar posesión.
A Oferta de Emprego Público (OEP) foi aprobada no 2008 polo Goberno bipartito, pero tivo que ser o actual o que desenvolvese estes procesos, xa que o anterior executivo non comezou a celebrar ningún nun ano, posto que non nomearon ningún tribunal.
Desta maneira, o Goberno galego está a actuar con dilixencia e con regularidade, xa que todos os meses están tomando posesión das súas prazas tanto novos funcionarios como persoal laboral.
Por outra banda, o Goberno galego está a piques de concluír o maior concurso de traslados de funcionarios da historia de Galicia, con 1.600 prazas, e os beneficiarios das mesmas tomarán posesión en marzo. Desta maneira, o vindeiro mes non haberá ningún funcionario da Administración Xeral en destino provisional.
[…] Xunta resalta en un comunicado que es la primera vez que se convoca un concurso independiente para la provisión de estos puestos de trabajo reservados al grupo V, el más numeroso […]
Me gustaMe gusta
[…] en Llanera el sábado 5 de marzo para elegir a Cascos candidato a la Presidencia del Principado Más de la mitad de los opositores de la Xunta pendientes de tomar posesión de su plaza ya … Fundetec premia los proyectos de nuevas tecnologías del Principado y uno de la universidad de […]
Me gustaMe gusta
[…] Autor:https://asturgalicia.wordpress.com/2011/02/04/mas-de-la-mitad-de-los-opositores-de-la-xuntas-pendient… Tagged with: administración • buen • ellos • marzo • más • mitad • número • ocuparán • opositores • pendientes • plaza • Posesión • Regional… • tomar • trabajan • Xuntas Puedes promocionar tu articulo desde aquí […]
Me gustaMe gusta