La Xunta firma un convenio con el ayuntamiento orensano de A Veiga para construir en el concejo un pabellón polideportivo

A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE INVISTE MÁIS DE MEDIO MILLÓN DE EUROS PARA DOTAR O CONCELLO DA VEIGA DUN PAVILLÓN POLIDEPORTIVO

 La Secretaría Xeral para el Deporte de la Xunta invierte más de medio millón de euros en dotar al ayuntamiento orensano de A Veiga de un pabellón polideportivo

  • José Ramón Lete Lasa asina co alcalde do municipio ourensán un convenio para a construción dunha infraestrutura que atenderá a crecente demanda de instalacións para a práctica deportiva

 

A Veiga (Ourense), 1 de febreiro de 2011.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asinou hoxe un convenio co alcalde da Veiga destinado a dotar este municipio ourensán dun pavillón polideportivo. En virtude do acordo asinado hoxe, a Xunta de Galicia investirá máis de medio millón de euros na construción dunha infraestrutura que cubrirá á crecente demanda de instalacións para a práctica deportiva e que se vén sumar ao investimento realizado pola Secretaría Xeral para o Deporte no ano 2010 para a construción dunha pista multideportiva no concello.

 

O pavillón polideportivo construirase nunha parcela  de titularidade municipal e que está situada entre o Grupo Escolar e a Residencia de Maiores. Xunto coa cesión dos terreos, o concello da Veiga comprométese á súa urbanización, entronque ás redes de abastecemento de augas e de subministración de enerxía eléctrica.

 

A Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Sociedade Pública de Investimentos, destinará máis de 500.000 euros á construción do pavillón polideportivo, que ocupará unha superficie de 1.476,3 metros cadrados. Será un pavillón polideportivo cuberto dotado de vestiarios e de espazo para grada para 180 persoas.

 

Esta actuación enmárcase no compromiso da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia de mellorar a dotación de infraestruturas e equipamentos deportivos da Comunidade, mediante a colaboración coas entidades locais para o fomento do deporte no eido municipal.

 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s