Los ecologistas gallegos celebran el 2 de febrero el Día Mundial de los Humedales

 Santiago de Compostela, 25 xaneiro 2011. A Fundación Biodiversidad e o CEHUM veñen de seleccionar unha proposta de Proxecto Ríos e ADEGA para realizar no marco da iniciativa “Móllate polos humidais”; actuacións a desenvolver con motivo da celebración no 2011 do 40 Aniversario da Convención Ramsar e do Ano Europeo do Voluntariado. Realizaranse cinco actuacións simultáneas no estado o día 2 de febreiro, Día Mundial dos Humidais, unha delas nas lagoas de Xuño e Muro (Porto do Son).
 

Proxecto Ríos-ADEGA ten previsto realizar ao redor desta data diversas actuacións encamiñadas a divulgar os valores e problemáticas deste espazo e mellorar o estado ecolóxico destes dous humidais protexidos; nomeadamente as lagoas de San Pedro de Muro e Xuño, no concello de Porto do Son (A Coruña).
Como actividade central realizase o día 2 de febreiro unha xornada de voluntariado ambiental dirixida a eliminar especias exóticas  invasoras, a segunda causa na actualidade de perda de biodiversidade. Os traballos realizaranse con voluntariado ambiental coordinados por persoal técnico do Proxecto Ríos e ADEGA, seguindo en todo momento as indicacións que establezan os servizos de Conservación da Natureza da Xunta de Galiza e do Ministerio de Medio Ambiente, dacordo cos protocolos para a eliminación de especies exóticas invasoras.
            Como actuacións previas realizaranse nos centros de ensino do concello diferentes actividades; charlas, xogos e saídas as lagoas, destacando a importancia dos humidais e a súa conservación. Con esta acción preténdese involucrar tamén á comunidade educativa no proxecto. Baixa a MEMORIA das actuacións (257 Kb).
            Así mesmo, e en colaboración co concello de Porto do Son realizarase o día 5 unha charla divulgativa para dar a coñecer os valores e as problemáticas dos humidais costeiros aos veciños e para presentar  as actuacións realizadas á poboación local. Esta actividade realizarase no centro de interpretación que o concello xestionará para poñer en valor este espazo natural.
           Estas actividades forman parte da iniciativa “Mójate por los Humedales”.


Día Entidade Cursos/público Horario Actividade
25 de xaneiro CEIP Portosín 1º e 2º ciclo Mañá Charla-xogo
CEIP Santa Irene 3º ciclo Tarde Charla-xogo
26 de xaneiro CEIP Portosín 2º Ciclo Mañá Saída as lagoas
2 de febreiro CEIP Xuño 1º Ciclo Mañá Charla-xogo
CEIP Xuño 2º e 3º Ciclo Tarde Saída as lagoas
Voluntariado ambiental Maiores de idade Mañá e tarde Roteiro e eliminación
5 de febreiro Concello Todos os públicos Tarde Charla

 
  
 

As voluntarias e os voluntarios que queiran participar na acción do día 2 de febreiro deberán apuntarse antes do luns 31.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s