Cultura destinará 300.000 euros al equipamiento y mejora de los locales de asociaciones y fundaciones gallegas

CULTURA ACHEGARÁ 300.000 EUROS PARA O EQUIPAMENTO E MELLORA DOS LOCAIS DAS ASOCIACIÓNS, FUNDACIÓNS E ENTIDADES CULTURAIS

 O Diario Oficial de Galicia vén de establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro.

Santiago, 24 de xaneiro de 2010.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o establecemento das bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o equipamento e a mellora dos seus locais. As subvencións reguladas nesta convocatoria terán un importe total de 300.000 euros. Estas subvencións serán cofinanciadas con fondos Feder no seu 70%, por medio do Programa operativo Feder (2007-2013).

A Xunta enmarca esta iniciativa no seu traballo polo fomento da cultura en Galicia e a defensa e promoción dos seus valores culturais. A Consellería de Cultura e Turismo impulsa deste xeito a creación, promoción e difusión da cultura mediante a colaboración coas asociacións, fundacións e outras entidades, de carácter público ou privado. A Consellería de Cultura e Turismo, dentro da súa aposta pola dinamización cultural do país, considera que a mellora das condicións dos locais destas entidades, abrirá as súas ofertas culturais aos novos campos da cultura, sen abandonar as súas ofertas culturais tradicionais.

As asociacións culturais sen ánimo de lucro que radiquen ou teñan sede en Galicia serán obxecto das subvencións sempre e cando realicen actividades culturais de promoción da cultura galega e desenvolvan as súas actividades habitualmente en Galicia. A dotación das axudas irá destinada ao mobiliario, equipamento e material inventariable e ao acondicionamento e mellora de locais, pudendo unha mesma entidade optar as dúas modalidades e sendo a axuda máxima por beneficiario de 30.000 euros.

Entre os criterios a seguir para a concesión das axudas destacan o número de programas ou actividades culturais realizadas pola entidade solicitante nos dous anos anteriores, a repercusión territorial dos programas ou actividades da entidade, o nivel de autofinanciamento da actividade, a necesidade das obras proxectadas segundo o estado no que se atopen os inmobles, a realización de obras de mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e a viabilidade da realización das obras. Os investimentos en equipamento e mobiliario deberán ir destinados a fomentar novos usos do local e estarán relacionados coas artes escénicas, coas actividades de fomento da lingua e da cultura ou coa promoción audiovisual.

Un comentario sobre “Cultura destinará 300.000 euros al equipamiento y mejora de los locales de asociaciones y fundaciones gallegas

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s