Galicia firmará un acuerdo internacional con Francia para la promoción turística del Camino de Santiago

O CONSELLEIRO DE CULTURA E TURISMO E O MINISTRO FRANCÉS DE ASUNTOS EUROPEOS AVANZAN NUN ACORDO INTERNACIONAL PARA A PROMOCIÓN TURÍSTICA DO CAMIÑO DE SANTIAGO

 El conselleiro de Cultura y Turismo de la Xunta y el ministro francés de Asuntos Europeos trabajan en un acuerdo internacional para la promoción turística del Camino de Santiago

  • O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, reuníronse onte en París co ministro francés de Asuntos Europeos e alcalde de Le Puy-en-Vélay, Laurent Wauquiez, para desenvolver liñas de colaboración no marco do aproveitamento turístico da Ruta Xacobea.
  • Galicia e Le-Puy-en-Vélay constituirán unha rede de colectividades territoriais europeas que colaboren no desenvolvemento turístico e cultural do Camiño de Santiago.

 

París (Francia), 26 de xaneiro de 2011.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, a secretaria xeral para o Turismo, Mª Carmen Pardo, reuníronse onte en París co ministro francés de Asuntos Europeos e alcalde de Le Puy-en-Vélay, Laurent Wauquiez, para avanzar nun acordo internacional de promoción turística do Camiño de Santiago.

 

O asunto principal deste encontro foi achegar posicións para a cooperación das dúas colectividades territoriais –entendidas como tal Galicia e Le-Puy-en-Vélay- nos aspectos vinculados a potenciación como destino turístico da Ruta Xacobea. Os dous enclaves son efectivamente, cada unha no seu país, os líderes da oferta turística ligada ao Camiño de Santiago: na parte francesa, Le Puy-en-Vélay é o punto de partida máis utilizado polos peregrinos e camiñantes, e Galicia é -tendo en conta que acolleu máis 270.000 peregrinos no pasado ano 2010- a comunidade máis activa en canto á promoción e á organización da oferta turística arredor do Camiño de Santiago.

 

Os representantes da cidade de Le-Puy-en-Vélay e o goberno de Galicia acordaron traballar xuntos para crear unha rede de colectividades territoriais europeas atravesadas polo Camiño de Santiago, coa fin de manter unha política turística común e de organizar unha oferta coherente dende un punto a outro do Camiño.

 

Este primeiro encontro en París permitiu pór os cimentos desta cooperación na que se vai a afondar e que se vai estender a outras colectividades territoriais nos vindeiros meses.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s