La Xunta colaborará con ocho comunidades autónomas en la prevención y extinción de incendios forestales

A XUNTA COLABORARÁ CON OITO COMUNIDADES AUTÓNOMAS PARA A “PREVENCIÓN, VIXILANCIA E EXTINCIÓN” DE INCENDIOS FORESTAIS E PARA A “ATENCIÓN DE EMERXENCIAS A TRAVÉS DO 112”

 La Xunta colaborará con ocho comunidades autónomas para la prevención, vigilancia y extinción de incendios forestales y para la atención de emergencias a través del 112. El acuerdo crea zonas de ayuda inmediata que abarcarán desde la línea divisoria de las comunidades hasta una distancia de 5 kilómetros del interior. Las regiones compartirán medios materiales, humanos y económicos.

  • Feijóo resalta que “no que se refire a incendios” establécese un protocolo de “actuacións de prevención –para poñer en marcha programas de concienciación-, de vixilancia -para o seguimento compartido das zonas transfronteirizas desde o punto de vista administrativo-, e de extinción –para compartir medios cando sexa necesario-“
  • O acordo crea as zonas de axuda inmediata que “abranguen desde a liña divisoria das comunidades ata unha distancia de 5 quilómetros cara o interior delas”
  • Salienta que, grazas ao acordo de emerxencias, Galicia compartirá “medios materiais, humanos e económicos para previr e afrontar as situacións de emerxencia”
  • Destaca que a planta acuícola de Muros é “un proxecto pioneiro” de impacto económico “indubidable” para Galicia, porque será “a primeira empresa de España que desenvolva o cultivo industrial de abalón e a primeira empresa de Europa en cultivo desta especie por volume de produción”  
  • Anuncia que unha vez que o Plan do litoral obteña o informe favorable do Goberno, a Xunta presentará nas vindeiras semanas o Plan director de acuicultura de Galicia, destinado a dar o respaldo definitivo a un sector e recuperar o seu liderado

 

 

Santiago, 20 de xaneiro de 2011.- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anuncio hoxe, na rolda de prensa posterior ao Consello, dous novos convenio de colaboración con oito comunidades autónomas “en dúas materias moi importantes: emerxencias e incendios forestais”.

 

Neste sentido, Núñez Feijóo resaltou que, “no que se refire a incendios” establécese un protocolo de “actuacións de prevención –para poñer en marcha programas de concienciación-, de vixilancia –para o seguimento compartido das zonas transfronteirizas desde o punto de vista administrativo-, e de extinción –para compartir medios cando sexa necesario-“. 

 

Mediante este acordo constitúense as denominadas zonas de axuda inmediata que, como explicou o presidente, “abranguen desde a liña divisoria das comunidades ata unha distancia de 5 quilómetros cara o interior delas”. “Nos lumes que teñan lugar nestas zonas, acudirán os equipos que se atopen máis cerca”, explicou Feijóo resaltando que, desta forma, poderase actuar “sen necesidade de petición de axuda” bastando “cunha simple comunicación”.

 

Deste xeito, subliñou Feijóo, “clarifícase a responsabilidade de todos en momentos de dificultade, eliminándose as trabas burocráticas que podían ralentizar a actividade ou a mobilización de efectivos forestais entre comunidades limítrofes”.  

 

Teléfono de emerxencias 112

No tocante ao acordo de emerxencias, Núñez Feijóo salientou que, grazas a el, Galicia compartirá con outras oito comunidades autónomas “medios materiais, humanos e económicos para previr e afrontar as situacións de emerxencia”.

 

As peticións de axuda e colaboración canalizaranse a través do teléfono de emerxencias 112 e faranse a través dos centros de coordinación tanto da comunidade peticionaria como da receptora. “Cada un dos cidadáns poderá empregar o teléfono 112 de cada unha das comunidades, e estas se porán en contacto entre si para activar os distintos mecanismos de emerxencia”, puntualizou Feijóo.   

 

Así mesmo, Núñez Feijóo quixo lembrar que este novos convenios súmanse aos acordos xa subscritos entre comunidades: “O primeiro, que o Goberno central cumpra os compromisos de financiamento das Comunidades Autónomas. O segundo, compartir todas as infraestruturas que afectan á xuventude e a programas e infraestruturas xuvenís en oito comunidades autónomas”.

 

120 empregos e seis millóns de euros de investimento directo

O presidente galego informou, tamén, de que o Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto polo que se declara a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución das obras do proxecto da granxa e criadeiro de abalón (orella de mar) en Muros, que será, dixo, “a primeira planta acuícola en cinco anos”.

Trátase dunha planta acuícola que cualificou de “importante” porque supón un proxecto “pioneiro”, ao ser a primeira granxa mariña de orella de mar de Galicia. De igual xeito salientou que, para Muros, supón 120 empregos e seis millóns de euros de investimento directo. “Hoxe podemos dicir que o 99,2 dos terreos onde se está a construír esta planta acuícola xa foron adquiridos pola propiedade, aínda que queda unha parte, un 0,8 por cento, que na que a Xunta vai actuar a través da expropiación que hoxe aproba o Consello da Xunta para concluír ao cen por cen o solar”, explicou.

 

Segundo resaltou, o impacto económico é “indubidable para Galicia” porque “será a primeira empresa de España que desenvolva o cultivo industrial de abalón e a primeira empresa de Europa en cultivo desta especie por volume de produción”. Algo que se incrementa, engadiu, cando “case a totalidade da produción de orella de mar ou abalón desta planta acuícola se destinará á exportación”.

 

Un Plan director de acuicultura en Galicia para dar o respaldo definitivo ao sector

Neste contexto, Feijóo anunciou que logo do Plan do litoral, que está aprobado polo Consello da Xunta e pendente do informe que ten que emitir o Goberno central, “que onte a ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño comprometeu en datas próximas”, dixo, a Xunta presentará o definitivo Plan director da acuicultura, que estaba a ser tramitado en paralelo co Plan do Litoral.

 

“Coñecido o Plan do litoral aprobado pola Xunta de Galicia e ultimado o informe que ten que emitir o Goberno de España, estamos en condicións de poder presentar nas vindeiras semanas o Plan director de acuicultura en Galicia para dar xa o respaldo definitivo e a seguridade xurídica á acuicultura en Galicia que era un compromiso de lexislatura”, avanzou.

 

Recuperar o liderado acuícola de Galicia

Nesta liña, o mandatario autonómico puxo de manifesto o “incondicional apoio” do Goberno galego ao sector da acuicultura e deu conta dos “pasos importantes” adoptados nos primeiros meses de lexislatura para blindar o que definiu como “dúas garantías e dous obxectivos”, como son dar seguridade xurídica ao sector da acuicultura en Galicia e fortalecer o desenvolvemento de investimentos a través dunha modificación importante: substituír a expropiación e a concesión de solo para instalar plantas acuícolas pola propiedade do solo para poder facelo con seguridade xurídica.

 

Feijóo avogou por “superar a parálise da acuicultura durante os últimos  catro anos da anterior lexislatura, onde non se instalou ningunha planta acuícola, e aproveitar o potencial de Galicia para recuperar o liderado acuícola, a pesar da dificultade económica que estamos a vivir”.

 

Anuncio publicitario

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s