La Xunta licita la reparación del Teatro Coliseo Noela en Noia

CULTURA DESTINARÁ 305.000 EUROS ÁS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO E  REPARACIÓN DO TEATRO COLISEO DE NOIA (A CORUÑA)

 Cultura destinará 305.000 euros a las obras de acondicionamiento y reparación del teatro Coliseo de Noia en A Coruña. El Diario Oficial de Galicia publica hoy la resolución por la que se anuncia la licitación de las obras del Coliseo Noela con un presupuesto base de 304.923 euros, cofinanciados con Fondos Feder y Fondos de Común Inversión (FCI).

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se anuncia a licitación das obras do Coliseo Noela cun orzamento base de 304.923 euros cofinanciados con fondos Feder e Fondos de Común Inversión (FCI).

 

Santiago, 14 de xaneiro de 2011.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se anuncia a licitación do contrato de obras de acondicionamento e reparación do Teatro Coliseo Noela en Noia (A Coruña). As actuacións terán un orzamento base de 304.923 euros, que serán cofinanciados co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no seu 70%, e o Fondo de Común Inversión para o restante 30%. As obras de acondicionamento e reparación terán un prazo máximo de execución de 8 meses e un mínimo de 6.

 

As actuacións recollidas no proxecto teñen como obxectivo a rehabilitación do edificio, reparación de desperfectos e dotación de elementos que faciliten o uso do mesmo. As obras consistirán especificamente na reparación da cuberta, das pinturas e estucos, dos falsos teitos e da carpintería de madeira; a adaptación da varanda ao Código Técnico da Edificación e a instalación dun sistema de climatización, un ascensor, unha porta contra incendios e sistema antipánico en todas as portas.

 

O Teatro Coliseo Noela, inaugurado en 1921, atópase nun entorno urbano, na rúa do Curro, preto da igrexa de San Martiño na vila de Noia. Trátase dunha construción da segunda década do século XX, de estilo modernista. O edificio está formado por dous corpos, con cinco arcos na parte inferior que se corresponden a ocos na parte superior. No centro da fachada sobresaen elementos verticais xeométricos de carácter ornamental. A planta do edificio é rectangular cunha escaleira ovalada no seu interior.

 

No seu comezo dedicaba a súa actividade a zarzuelas, teatro, conferencias e concertos ata o ano 1966, cando foi destinado exclusivamente a espectáculos de cine ata 1986. O edificio Teatro Coliseo Noela volveu a abrir as súas portas o 23 de xullo de 1999. Cun aforo de 342 localidades, na actualidade dedícase a espectáculos de teatro, concertos, cine, congresos, música e danza.

2 comentarios sobre “La Xunta licita la reparación del Teatro Coliseo Noela en Noia

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s