El radar meteorológico del Monte Xesteiras en Cuntis está plenamente operativo

O RADAR METEOROLÓXICO DO MONTE XESTEIRAS, EN CUNTIS, ESTÁ PLENAMENTE OPERATIVO

 El radar meteorológico del Monte Xesteiras en Cuntis, provincia de Pontevedra, está plenamente operativo

  • Os técnicos de MeteoGalicia seguiron os frontes rexistrados a comezos deste ano co novo radar
  • Durante os meses de novembro e decembro terminouse de calibrar o software e de programar os diferentes barridos da antena do radar
  • Respecto das alertas en Galicia derivadas das condicións climatolóxicas, cabe salientar que tanto o seu establecemento como os niveis de alerta son nestes momentos competencia exclusiva da Axencia Estatal de Meteoroloxía

 

Santiago, 11 de xaneiro de 2011.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destaca que o radar meteorolóxico de Monte Xesteiras, no Concello de Cuntis, está plenamente operativo e foi xa utilizado con resultados satisfactorios para a predición e seguimento dos fenómenos adversos de principios deste ano. Xustamente, os diferentes frontes rexistrados a comezos deste ano foron seguidos por MeteoGalicia co novo radar.

 

Respecto das alertas en Galicia derivadas das condicións climatolóxicas, cabe salientar que tanto o seu establecemento como os niveis de alerta son nestes momentos competencia exclusiva da Axencia Estatal de Meteoroloxía.

 

O radar meteorolóxico de Cuntis foi instalado, unha vez rematada a construción da torre, durante o pasado mes de outubro de 2010, procedéndose a partir desas datas a realizar os axustes pertinentes, tanto na infraestrutura da nova torre como no software de control do radar.

 

Así mesmo, durante o mes de outubro a empresa suministradora de radar procedeu a impartir os cursos de formación dos técnicos de MeteoGalicia, e durante os meses de novembro e decembro terminouse de calibrar o software e de programar os diferentes barridos da antena do radar.

 

Polo tanto, na actualidade o radar meteorolóxico está funcionado a pleno rendemento, sen prexuízo da necesidade de continuar facendo tarefas de axuste fino do seu funcionamento durante as próximas semanas.

Un comentario sobre “El radar meteorológico del Monte Xesteiras en Cuntis está plenamente operativo

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s