A XUNTA INICIA OS TRABALLOS DE ADAPTACIÓN DOS SISTEMAS DE CONTENCIÓN DE MOTORISTAS NA AUTOVÍA SANTIAGO-OURENSE (AG-53)
La Xunta inicia los trabajos de adaptación de los sistemas de contención de la motoristas en la autovía Santiago-Ourense (AG-53). El presupuesto para esta actuación asciende a 400.000 euros. Las obras sólo requerirán señalización adecuada.
- O orzamento desta actuación elévase a 400.000 euros
- A adaptación do sistema de contención proxectarase sobre 8,813 metros na calzada dereita e 7.321 na esquerda, sumando preto de 16 quilómetros
- As obras non precisan corte de carril, senón que soamente se necesitará a sinalización adecuada na beiravía, polo que a incidencia sobre o tráfico será mínima
- O prazo de execución será de 60 días
Santiago, 9 de xaneiro de 2011.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas inicia mañá, luns 10 de xaneiro, os traballos e adaptación dos sistemas de protección de motoristas na AG-53 (Santiago- Ourense).
A Xunta de Galicia achega un orzamento de case 400.000 euros para a execución desta actividade que se atopa incluída dentro do contrato de obras de conservación integral.
A adaptación do sistema de contención proxectarase sobre 8,813 metros na calzada dereita e 7.321 na esquerda, sumando preto de 1,6 quilómetros.
Cómpre sinalar que os traballos non precisan corte de carril, senón que soamente se necesitará a sinalización adecuada na beiravía, polo que a incidencia sobre o tráfico será mínima. Contémplase a execución de luns a venres, sinalizándose o perigo mediante sinais fixas e conos que serán colocados ao comezo de cada xornada e retirados ao final da mesma. Deste xeito, sinalizarase o perigo no tramo no que se se estean levando a cabo os traballos.
A Dirección Xeral de Infraestruturas establece que é preciso dispoñer dos sistemas adicionais para protección dos motoristas nas barreiras metálicas no exterior de toda curva cuxo radio sexa igual ou inferior a 750 metros.
O departamento que dirixe Agustín Hernández, mediante a adaptación dos citados sistemas de contención, pretende mellorar a seguridade dos motoristas, reducindo consecuentemente a sinistralidade que as antigas contencións provocaban.
O prazo de execución será de 60 días, polo que en marzo estes traballos estarán concluídos no mes de marzo.