Los niños gallegos conectarán esta semana con Papá Noel por videoconferencia

OS RAPACES DE GALICIA CONECTARÁN ESTA SEMANA CON PAPÁ NOEL A TRAVÉS DE VIDEOCONFENCIA

 

Foto: charhadas.com
  • O Centro Multimedia de Galicia dará soporte técnico ás conexións con Laponia que se realizarán ata  o venres 17 de decembro en 25 localidades

 

Santiago, 14 de decembro de 2010.- A Secretaría Xeral de Medios facilitará as conexións dos nenos galegos con Papá Noel a través das videoconferencias que se realizarán ata o vindeiro venres, día 17 de decembro. O Centro Multimedia de Galicia proporcionará o soporte técnico ás conexións con Laponia, que terán lugar en 25 localidades e que lles permitirán aos pequenos facer as súas peticións navideñas directamente a Papá Noel aproveitando as vantaxes das novas tecnoloxías.

 

Deste modo, o Centro Multimedia de Galicia, dependente da Secretaría Xeral de Medios, aproveita estas datas para brindar aos nenos de diversas localidades a oportunidade de manter unha videoconferencia con Papá Noel na que poderán pedirlle os seus regalos.

 

O intercambio de mensaxes comeza o luns 13 de decembro, a razón de  media hora en cada telecentro. Escolares de Educación Infantil de Muros, Ourense, Xinzo, Celanova e Tui serán os primeiros que reciban esta inusual visita. Será por medio de videoconferencia e a comunicación en tempo real unirá Laponia, terra natal de Papá Noel, ca rede de aulas de comunicación multimedia dispersa pola xeografía galega.

 

Por toda Galicia

Además destas localidades, Papá Noel visitará outros centros da rede galega que ten en marcha a Secretaría Xeral de Medios da Xunta. En virtude desta experiencia, os nenos e nenas de Lalín, A Estrada, Fonsagrada, Betanzos, Abegondo, Vimianzo, Brión, Verín, Negreira, A Cañiza, Vedra, Marín, Foz, Guitiriz, Oroso, O Barco, Catoira, Quiroga, Carballo e Becerreá tamén poderán realizar as súas peticións de Nadal.

 

O obxectivo desta actividade, que conta cun gran interese entre a comunidade educativa, será o de establecer unha comunicación fluída e cara a cara entre Papá Noel e os nenos destas comarcas, poucos días antes da Noiteboa, cando se atendan as peticións de agasallos de todos os nenos do mundo.

 

Con este tipo de experiencias, a Secretaría Xeral de Medios busca converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen, acurtando distancias e  facendo posible a interactuación entre diversas localidades nun mesmo proxecto común.

 

Anuncios

Un comentario sobre “Los niños gallegos conectarán esta semana con Papá Noel por videoconferencia

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s