Los clubes de Pontevedra recibirán 600.000 euros de patrocinio de la Xunta

El secretario general para el Deporte firma en Pontevedra y Vigo los patrocinios a 23 entidades beneficiarias de la provincia, por un importe de superior a los 600.000 euros

O secretario xeral para o Deporte asina en Pontevedra e Vigo as adxudicacións dos patrocinios ás 23 entidades beneficiarias da provincia 

A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE PATROCINA CON MÁIS DE 600.000 EUROS OS EQUIPOS DE ALTA COMPETICIÓN DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Pontevedra, 13 de decembro de 2010.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asinou hoxe en Pontevedra e Vigo as adxudicacións ás 23 formacións deportivas beneficiarias da primeira fase do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición da tempada 2010/11. En Vigo asináronse os contratos dos clubs de Vigo, mentres que en Pontevedra fíxose o mesmo coas entidades do resto da provincia. Os clubs da provincia de Pontevedra recibirán máis de 600.000 euros, do 1,6 millón de euros destinado a esta primeira fase do plan, que está dirixida aos clubs que participan en competicións en sistema de liga regular. Non primeiros meses do ano 2011 asinaranse os contratos cos clubs da segunda fase, que son aqueles cuxa competición máis relevante aínda non comezou.

O Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia é unha iniciativa da Fundación Deporte Galego que se desenvolve por segundo ano consecutivo. A marca Deporte Galego irá esta temporada acompañada pola de Galicia Calidade nos soportes publicitarios dos equipos adxudicatarios, en substitución da do Xacobeo que se empregou a pasada campaña.

Con esta actuación a Secretaría xeral para o Deporte quere apoiar aos equipos galegos de Alta competición, nun momento no que é moi difícil para eles o mantemento do apoio da empresa privada. Estes equipos, que soportan a base do deporte de Galicia, promocionarán o Deporte Galego e a marca Galicia Calidade no ámbito nacional e internacional.

O requisito para ser beneficiario deste plan é contar con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel nas modalidades deportivas en que a competición de máximo nivel se desenvolve, na categoría absoluta, en sistema de liga regular á que se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría e cun volume de desprazamentos frecuente. Quedan excluídos os participantes nas recoñecidas como ligas profesionais, a 1ª e 2ª división de fútbol e Liga ACB de baloncesto.

Sinatura cos 23 equipos beneficiarios da provincia de Pontevedra
As entidades beneficiarias dos patrocinios da provincia de Pontevedra repártense un total de 625.581 euros, que se distribúen entre as seguintes entidades: Asociación Deportiva Cortegada, Club AMFIV, Bádminton As Neves, Club Bádminton Estradense, Club Baloncesto Arxil, Club Balonmán Atlético Guardés, Club Balonmán Cangas, Club Balonmán Porriño, Club Deportivo Bosco, Club Poio Fútbol Sala, Club Vigo Rugby Club, Club Vigo Voleibol, Coruxo FC, Erizana CF, Fed. Peñas Recreativas El Olivo, Fundación Celta de Vigo, Halcones de Vigo Béisbol Club, Leis 26 FS, Pontevedra CF SAD, Pontevedra CF SAD feminino, Sociedad Deportiva Octavio Vigo, Sociedad Deportiva Teucro e Vigo Stick.

 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s