Feijóo anuncia el comienzo de las obras del hospital de Vigo

O presidente do Executivo galego resaltou, tralo Consello, que “hoxe, pechamos todos os trámites necesarios para poder comezar as obras para que Vigo teña o maior complexo hospitalario de Galicia”

FEIJÓO DESTACA QUE EN 31 MESES OS 600.000 GALEGOS QUE VIVEN EN VIGO E NA SÚA ÁREA DE INFLUENCIA TERÁN UN NOVO HOSPITAL 100% PÚBLICO, CON 1.465 CAMAS, 35 QUIRÓFANOS E Á VANGARDA TECNOLÓXICA

 Vigo contará cun hospital moderno, pioneiro en sostenibilidade e respectuoso co medio ambiente, onde o 65% das habitacións serán individuais, haberá 160 consultas externas e 62 salas de diagnóstico por imaxe
 O canon máximo anual para o Novo Hospital público de Vigo quedou fixado en 56,5 millóns de euros
 Conta cunha garantía de retorno da infraestrutura en condicións óptimas, co compromiso da adxudicataria de investir 73 millóns de euros en reposicións
 O novo modelo concesional permitirá un aforro de máis de 60 millóns de euros só no que atinxe aos servizos non sanitarios durante os 20 anos da concesión
 O titular da Xunta lembra que o Sistema sanitario Público de Galicia contará con tres novos hospitais nesta lexislatura: “o hospital que se está abrindo en Lugo; o hospital que hoxe se adxudica en Vigo; e o novo complexo hospitalario de Pontevedra, cuxo proxecto construtivo presentaremos durante este ano, para iniciar as obras o próximo 2011”

Vigo, 10 de decembro de 2010.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou esta mañá, trala reunión do Consello da Xunta, que de forma extraordinaria se celebrou en Vigo, que en 31 meses os 600.000 galegos que viven en Vigo e na súa área de influencia terán un novo hospital 100% público e á vangarda tecnolóxica. “Hoxe, -aseverou- pechamos todos os trámites necesarios para poder comezar as obras para que Vigo teña o maior complexo hospitalario de Galicia. Substituímos, así, as antigas maquetas polas realidades”.

Segundo avanzou o titular do Goberno galego, o novo hospital público de Vigo contará con 1.465 camas –o 65% serán habitacións individuais-, 35 quirófanos, 160 consultas externas e 62 salas de diagnóstico por imaxe. “Estamos a falar amais –engadiu- dun novo hospital público á vangarda tecnolóxica e respectuoso co medio ambiente”.

Conscientes de que os 600.000 cidadáns de Vigo e da súa área de influencia necesitan canto antes esta infraestruturas, Feijóo lembrou que a Xunta ultimou o Plan funcional para a área sanitaria de Vigo; “haberá –dixo- un sistema multihospitalario en Vigo con algo máis de 2.000 camas, convertendo esta área en referencia da cirurxía innovadora”.

“Os 600.000 galegos que viven en Vigo e na súa área de influencia –dixo- necesitaban a tramitación e a licitación do complexo hospitalario e por iso licitamos e tramitamos no 2009 todo o necesario para que, hoxe, podamos dar luz verde definitiva a esta gran infraestrutura pública sanitaria; necesitaban canto antes que se presentasen as ofertas das distintas empresas e necesitaban as expropiacións dos terreos. O pasado mes de outubro, as primeiras máquinas comezaron a traballar nos terreos para iniciar o estudio xeotécnico preceptivo ao inicio das obras e, hoxe, rematamos a adxudicación do complexo”.

Co novo Hospital público de Vigo, o presidente da Xunta afirmou que o Goberno galego cumpre coa cidade, “como fixemos –lembrou- coa depuradora, co Campus do Mar e coas novas autovías e como faremos coa área metropolitana e coa Cidade da Xustiza. E cumprimos co Sistema sanitario Público de Galicia, que contará con tres novos hospitais nesta lexislatura: o hospital que se está abrindo en Lugo; o hospital que hoxe se adxudica en Vigo; e o novo complexo hospitalario de Pontevedra, cuxo proxecto construtivo presentaremos durante este ano, para iniciar as obras o próximo 2011”.

Pola súa banda, a conselleira de Sanidade incidiu en que o canon máximo anual para o Novo Hospital público de Vigo quedou fixado en 56,5 millóns de euros mediante a modalidade de pagamento por dispoñibilidade, que permitirá contar cun prazo máximo de construción de 31 meses e que revertirá na Administración aos 20 anos.

“Vigo –engadiu- contará cun hospital moderno, pioneiro en sostenibilidade e respectuoso co medio ambiente. Será o primeiro hospital de España con clasificación enerxética A e certificación LEED; respectuoso co ambiente cunha redución dun 11% das emisións de CO2; e cunha garantía de retorno da infraestrutura en condicións óptimas: compromiso da adxudicataria de investir 73 millóns de euros en reposicións”.

Así mesmo, explicou que a modalidade de concesión é un modelo eficiente para os intereses da Administración. Así, actualmente os servizos non sanitarios xa concesionados na área sanitaria de Vigo teñen un custo anual superior aos 27 millóns de euros. Co novo hospital, os mesmos servizos non sanitarios, terán un coste anual de 24,2 millóns de euros. É dicir, con este modelo, a Administración sanitaria permitirá un aforro de máis de 60 millóns de euros só neste concepto durante os 20 anos de concesión.

Esta modalidade de pagamento por dispoñibilidade permitirá ao Goberno autonómico abordar de forma inmediata a construción do novo hospital público de Vigo e comezar a pagalo cando se dispoña da infraestrutura. “Mediante este sistema garántese que en tres anos vai estar construído o novo hospital público e asegúrase o acceso gratuíto e universal a todos os cidadáns desta área sanitaria. Ao mesmo tempo, maximízase a eficiencia orzamentaria, xa que non se incrementa o déficit público”.

Un Vigo forte, construído con feitos
Por último, o presidente da Xunta subliñou que, ao longo desta lexislatura, o Goberno galego ten explicitado o seu compromiso con Vigo e a súa comarca. “Sabemos –dixo- que Galicia precisa dun Vigo forte e dun Vigo comprometido, que se constrúe con feitos e non con xestos”.

Neste sentido, lembrou que a Xunta desbloqueou o maior compromiso de saneamento das rías de Galicia, co cofinanciamento da depuradora da ría de Vigo; “demos seguridade ao Campus do Mar e a súa instalación na ETEA e seguimos comprometidos con Vigo no que se refire ás infraestruturas viarias: tanto á autovía Tui-A Guarda, ao túnel de Beiramar como ao desdobramento e conversión en autovía do Corredor do Morrazo. E hoxe, despois do proceso das expropiacións, despois do estudio xeotécnico previo ao inicio das obras e despois de culminar o proceso de adxudicación, antes de que rematara 2010, podemos dicir que a tramitación do futuro complexo hospitalario público de Vigo está despexada definitivamente”, concluíu.

Un comentario sobre “Feijóo anuncia el comienzo de las obras del hospital de Vigo

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s