La Administración gallega inspeccionó más de 50 inmuebles de 10 años con el plan de instalaciones térmicas

ECONOMÍA E INDUSTRIA SUPERVISOU MÁIS DE CINCOCENTOS INMOBLES DE MÁIS DE 10 ANOS CO SEGUNDO PLAN DE INSPECCIÓN DE INSTALACIÓNS TÉRMICAS

 Economía e Industria supervisó en Galicia más de 50 inmuebles de más de 10 años con el segundo plan de inspección de instalaciones térmicas. Todas las inspecciones fueron gratuitas.

  • Todas as inspeccións levadas a cabo polo Instituto Enerxético de Galicia no marco deste Plan, que se incardina na aposta global da Xunta pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética, foron gratuítas para os seus propietarios
  • O Inega asesorou aos propietarios dos emprazamentos obxecto de estudo e propúxolles medidas co fin de incrementar a eficiencia enerxética, para cuxa execución se puideron acoller ás liñas de axuda do Instituto adscrito a Economía e Industria, cunha contía subvencionable que se sitúa no 35% do investimento da obra, con carácter xeral, e do 45% no caso de instalacións municipais
  • O Instituto adscrito ao departamento que dirixe Javier Guerra supervisou 719 inmobles co primeiro Plan e neste exercicio ten previsto desenvolver a terceira fase do programa

 

Santiago, 8 de decembro de 2010.- A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), estudou este ano o comportamento enerxético dun total de 556 instalacións térmicas en Galicia e emitiu informe sobre cada unha delas, no marco do segundo Plan de Inspección de Eficiencia Enerxética de Instalacións Térmicas na Comunidade Autónoma de Galicia, que contou cun orzamento de 111.510 euros.

 

O devandito Plan, que se incardina na aposta estratéxica da Xunta de Galicia pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética, tivo como obxectivo principal coñecer o estado en que se atopaban as instalacións térmicas con máis de 10 anos de antigüidade (contados a partir da data de emisión do primeiro certificado da instalación) e cunha potencia nominal instalada superior a 30 kW (en frío ou en calor) para valorar a implantación de determinadas medidas encamiñadas a lograr unha maior eficiencia enerxética.

 

Os máis de cincocentos cincuenta edificios inspeccionados polo Instituto Enerxético de Galicia en 2010, mediante este Plan que se desenvolveu en colaboración co IDAE correspondéronse, nesta segunda fase de aplicación do Plan, con instalacións nas que previsiblemente se dan maiores posibilidades de realizar reformas para alcanzar o obxectivo final do incremento da eficiencia enerxética das mesmas; de aí as características das instalacións elixidas: de máis de 10 anos de antigüidade e cunha potencia superior a 30 kW. Hai que destacar que todas as inspeccións que o Instituto Enerxético de Galicia levou a cabo conforme a este Plan realizáronse sen ningún custo para os titulares das instalacións examinadas.

 

A maior parte das instalacións foron realizadas na provincia da Coruña. A distribución territorial dos inmobles supervisados foi: A Coruña, con 329 inspeccións; Lugo con 93 inspeccións, Ourense con 17 inspeccións e Pontevedra con 115 inspeccións.

 

Cada unha das inspeccións realizadas polo Inega incluíron unha revisión gratuíta completa de cada un dos inmobles, así como a elaboración dun ditame coa finalidade de asesorar ao titular da instalación para propoñerlle melloras ou modificacións orientadas a incrementar a eficiencia enerxética.

 

Liñas de axuda

Neste sentido, e paralelamente ao desenvolvemento do Plan, o Instituto adscrito a Economía e Industria informou a cada un dos propietarios das instalacións analizadas das distintas liñas de axudas, abertas neses momentos, e que se recomendaban en cada un dos ditames realizados, ás que se puideron, polo tanto, acoller para levar a cabo a execución das devanditas medidas de optimización enerxética propostas. Trátase das axudas de aforro e eficiencia enerxética e a proxectos de enerxías renovables, que estiveron abertas ata finais de setembro, e que o Inega resolverá proximamente, cumprindo o seu compromiso de resolución antes dos 5 meses.

 

Hai que destacar que as liñas de axuda do Inega para a mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas dos edificios poden chegar a cubrir ata o 35% do investimento total da obra, mentres que as subvencións destinadas a contemplar a incorporación da enerxía solar térmica abranguen, con carácter xeral, un 35% do investimento subvencionable, que para o caso concreto de instalacións municipais alcanzou o 45%. Así mesmo a través deste Plan emitíronse certificados de inspección de cada un dos inmobles no que se indican os defectos atopados en cada unha das instalacións, segundo o establecido no regulamento en vigor.

 

O Instituto Enerxético de Galicia examinou, a través do primeiro Plan, un total de 719 instalacións térmicas, todas elas correspondentes a edificios de máis de 15 anos de antigüidade e cunha potencia superior a 70 kW.

 

Para o exercicio 2010-2011 o Inega ten previsto desenvolver o terceiro Plan de Inspección Enerxética, no que o campo de traballo se definirá conxuntamente entre o Inega e a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s