La Consellería del Mar colabora con 70 guardias civiles de A Coruña para avanzar en la lucha contra el furtivismo

A CONSELLERÍA DO MAR COLABORA CON PRETO DE 70 GARDAS CIVÍS DA CORUÑA CO FIN DE AVANZAR NA LOITA CONTRA O FURTIVISMO

 La Consellería del Mar colabora con 70 guardias civiles de A Coruña con el fin de avanzar en la lucha contra el furtivismo. Técnicos de Guardacostas impartieron un curso formativo con el fin de mostrar al Servicio Marítimo de la Guardia Civil, del Seprona y de las comandancias del litoral de la provincia de A Coruña la normativa pesquera vigente en materia de comercialización y distribución, actualizada en profundidad

  • Técnicos de Gardacostas impartiron un curso formativo co fin de achegarlle aos axentes do Servizo Marítimo da Garda Civil, do Seprona e das comandancias do litoral da provincia da Coruña a normativa pesqueira vixente en materia de comercialización e distribución, actualizada e en profundidade

 

A Coruña, 2 de decembro de 2010.- A consellería do Mar, a través do servizo de Gardacostas, impartiu esta mañá un curso formativo co fin achegarlle a preto de 70 gardas civís a normativa pesqueira vixente en materia de comercialización e distribución actualizada e en profundidade. O curso, que se celebrou no cuartel de Lonzas, impartiuno o subdirector xeral do Servizo de Gardacostas de Galicia e outros técnicos da Consellería do Mar. Coas materias impartidas nestas aulas, a Consellería do Mar avanza de xeito coordinado en materia de loita contra o furtivismo.

No curso, os axentes do Servizo Marítimo da Garda Civil, do Seprona e das comandancias do litoral da Coruña, coñeceron de primeira man toda a información actualizada sobre a normativa pesqueira vixente en materia de comercialización e distribución. Así, os gardas, tiveron a oportunidade tamén de profundizar nas normas sobre os controis por estrada, nos portos e a normativa con respecto á documentación que se esixe no transporte e na comercialización de peixes e mariscos. No curso tamén se trataron as tallas mínimas das diferentes especies, as épocas de veda, así como a normativa sobre os aparellos de pesca.

Cabe lembrar que este curso é un paso máis de cara á formación continua e a coodinación entre a Consellería do Mar e a Garda Civil para erradicar o furtivismo. Ademais prevese realizar outro curso destas mesmas características a comezos de xaneiro en Pontevedra, ao que asistirán outros 70 axentes da provincia. 

¿Y tú qué opinas de esto?