O CONCELLO DE VILA DE CRUCES PASA A TER 4.121 HECTÁREAS CONCENTRADAS TRALA INCORPORACIÓN DAS 189 DA PARROQUIA DE GRES
El concejo de Vila de Cruces, en la provincia de Pontevedra, pasa a tener 4.121 hectáreas tras la incorporación de las 189 de la parroquia de Gres
-
Medio Rural entregó los títulos de concentración parcelaria a 196 propietarios de la parroquia
-
La Consellería invirtió más de 820.000 euros y se aumentó la superficie media de cada parcela en 3.544 metros cuadrados
- Medio Rural entregou os títulos de concentración parcelaria a 196 propietarios da parroquia
- A consellería investiu máis de 820.000 euros e aumentouse a superficie media de cada parcela 3.544 metros cadrados
Vila de Cruces, 30 de novembro de 2010.- O director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, entregaron os títulos da concentración parcelaria a 196 propietarios da parroquia de Gres, en Vila de Cruces. O acto tivo lugar no auditorio de Gres.
Con esta nova concentración, que supón 189 hectáreas na parroquia de Gres, o concello de Vila de Cruces pasa a ter 4.121 hectáreas de superficie concentrada. As hectáreas de Gres súmanse ás sete concentracións xa rematadas: Bascuas (401), Bodaño (433), Brandariz-Obra (277), Camanzo (1.006), Lazaro (606), Sabrexo (904) e San Pedro de Losón (305).
A Consellería do Medio Rural investiu nesta concentración parcelaria 822.889 euros, dos cales a meirande parte (706.330 euros) destinouse á execución das obras da rede de camiños e ao acondicionamento das fincas.
A entrega destes títulos supón a culminación dun proceso que se iniciou hai 15 anos. Os traballos realizados permitiron reducir as 1.372 fincas existentes inicialmente a tan só 371, aumentando a superficie media das parcelas nun 259%, posto que pasaron de ter 1.379 m2 a 4.923 m2.
Segundo Antonio Crespo, con esta nova concentración aumentarase o valor das terras, permitirase modernizar as técnicas de produción agraria e mitigaranse factores adversos como os incendios forestais.
Ademais, o director xeral de Desenvolvemento Rural lembrou a existencia de tres procesos de concentración en curso no concello de Vila de Cruces: en Añobre (296 hectáreas), Brandariz-Obra (sector Brandariz-875 hectáreas) e Duxame-Insua-Portodemouros (1.225 hectáreas). Deste xeito, o concello pasará a ter 6.517 hectáreas concentradas cando remate o proceso.
Outras actuacións en Vila de Cruces
A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural ten en execución, ademais, outras actuacións de mellora de camiños no concello de Vila de Cruces, como son a mellora da infraestrutura viaria de Cumeiro-Estrada de Pampín e a de Casal-Pastoriza (Carbia); a mellora da Ponte dos Cabalos; e a mellora de accesos a explotacións de vacún no concello de Vila de Cruces. Lugares de Combarro, parroquia de Piloño e de Río Cobo, parroquia de As Cruces e outros, para o Plan Piloto de Desenvolvemento Rural Sostible (xa rematadas). Por outra banda, as actuacións futuras que se teñen previsto para executar no ano 2011 son a mellora da capa de rodaxe do vial de Barral a Souto e Outeiro (Parroquia de Sabrexo) e a mellora da capa de rodaxe do camiño de Alcobre. A inversión total destas actuacións ascende a 397.540 euros.
A agricultura, a segunda actividade produtiva da zona
O concello de Vila de Cruces, situado na comarca do Deza, conta cunha poboación de 6.475 persoas. O municipio está formado por 28 parroquias e posúe unha superficie de 154,4 km2. A agricultura é a segunda actividade produtiva máis importante da zona, só por detrás do sector servizos.