La Xunta analizará las posibilidades de conexión entre la estación de ferrocarril y el aeropuerto de Santiago

 

O titular de Medio Ambiente comprométese a buscar encaixe nos plans de transporte metropolitano os servizos que Renfe active nas grandes cidades

A XUNTA ANALIZARÁ AS POSIBILIDADES DE CONEXIÓN ENTRE A ESTACIÓN DE FERROCARRIL E O AEROPORTO DE SANTIAGO, CO FIN DE POTENCIAR A MOBILIDADE A TRAVÉS DO TRANSPORTE PÚBLICO

La Xunta analizará las posibilidades de conexión entre la estación de ferrocarril y el aeropuerto de Santiago, con el fin de potenciar la movilidad a través del transporte público.

  •  O conselleiro Hernández sinala que o Goberno galego impulsará os servizos ferroviarios de proximidade, grazas á posta en marcha dos novos plans de transporte metropolitano
  • Cita como exemplo a liña de Feve incluída no novo Plan de Transporte Metropolitano de Ferrol, aprobado onte polo Consello da Xunta
  •  O representante do Goberno destaca o papel do ferrocarril como medio de transporte, porque conecta as cidades polo centro, non pola periferia

Santiago, 29 de novembro de 2010.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, sinalou que a Xunta de Galicia levará a cabo un estudio para analizar as posibilidades e a viabilidade de conectar a estación de ferrocarril de Santiago co aeroporto de Lavacolla.

O obxectivo é potenciar a mobilidade dos cidadáns a través do uso do transporte público e –a súa vez- reducir o número de vehículos que circulan polo núcleo da cidade. Hernández destacou que a directriz do actual Goberno é facilitar a interconexión entre os diferentes sistemas de transporte, independentemente da dotación e dos servizos da cidade. O conselleiro Hernández fixo estas declaracións nas xornadas ‘O presente e o futuro do ferrocarril en Galicia’, organizadas polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños.

A modo de exemplo, repasou a situación de Compostela. Trátase dunha urbe con conexións por estrada, ferroviaria e aérea e na que falta unha integración das mesmas. Aclarou que coa chegada da alta velocidade este reto será superado e –de facer realidade a súa conexión co aeroporto- acadaríase a plena operatividade. Recordou que este plantexamento está xa recollido nas prescricións do estudo de medtro lixeiro de Santiago. Invitou a todas as administracións a traballar en paralelo para conseguir entre todos unha axeitada conexión do aeroporto de Lavacolla co eixo atlántico de alta velocidade ferroviaria. Sen dúbida, este fito suporá un pulo revolucionario para a cidade e para toda Galicia, declarou.

Nese senso, avanzou que, na medida en que Renfe active os mesmos servizos no resto de grandes cidades, a Xunta comprométese a buscar o seu encaixe nos respectivos plans de transporte metropolitano.

Servizos de proximidade
O conselleiro Hernández sinalou que é preciso potenciar os servizos de proximidade para os desplazamentos máis curtos, sobre todo naqueles que se producen dentro das áreas metropolitanas. Destacou que nesa liña e na que vén traballando o Goberno galego, que –no Consello celebrado onte- aprobou o convenio marco do transporte metropolitano da área de Ferrol no que se inclúen as cercanías de Feve. Un dos beneficios deste sistema para os usuarios é o billete único e intermodal cos resto de transportes públicos colectivos da zona e con transbordos gratuítos.

Afirmou que a sociedade actual ten unha dependencia excesiva dos vehículos privados, polo que as administracións públicas teñen que establecer medidas que aproxime a mobilidade cara o ferrocarril do futuro, porque é o medio de transporte de maior respecto ambiental e o de mellores frecuencias e tempos de percorrido.

O responsable das Infraestruturas do goberno galego defendeu que o ferrocarril debe establecer sinerxías cos outros medios, no canto de competir cos mesmos. Tamén considerou que é necesario potenciar o papel do ferrocarril de mercadorías, porque “aínda hoxe está infrautilizado”. Trátase dun sistema óptimo para desprazamentos de viaxeiros de ata 500 quilómetros, posto que minimiza consumos, oferta una capacidade de viaxeiros maior e, sobre todo, porque conecta as cidades polo centro e non pola periferia. Engadiu que neste aspecto é onde radica a importancia das infraestruturas de alta velocidade tan agardadas e que con tanto retraso chegan a Galicia.

Evitar erros do pasado
Agustín Hernández destacou que a mesma orografía que fai de Galicia un lugar incomparable é a que nos dificulta o desenvolvemento das infraestruturas de transporte. Nestes casos, o problema non son as solucións técnicas, que sempre as hai, senón a capacidade económica para executalas.

Recordou que hai máis de 130 anos, na liña Ourense-Monforte, xa se evidenciaron as dificultades orográficas de Galicia. Nese momento priorizouse a económica sacrificando o trazado e mermando a visión de futuro das liñas. “Hoxe non se pode caer no mesmo erro”, alertou, polo que se debe procurar unha infraestrutura válida para os trens de hoxe o os do futuro”, engadiu. Alertou que os trazados de características anticuadas son o lastro da actual oferta de servizos.

Concluíu afirmando que o ritmo de vida actual fai que os galegos valoren o seu tempo como un ben prezado, e por iso que a maioría non escolle o ferrocarril en certos traxectos porque non da un servizo de calidade suficiente, independentemente do prezo.

Anuncio publicitario

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s