El sur de Lugo listo para la implantación de la banda larga con el refuerzo de infraestructuras

Esta medida permitirá o aproveitamento de toda a infraestrutura pública actual e a redución dos custos do despregamento 

 El operador público Retegal completa el refuerzo de sus infraestructuras para 22 concejos del sur de la provincia de Lugo que permitirán avanzar en la implantación de la banda larga para toda esa zona. La medida permitirá el aprovechamiento de la infraestructura pública actual y la reducción de los costes de implementación de la iniciativa

O OPERADOR PÚBLICO RETEGAL COMPLETA O REFORZO DAS SÚAS INFRAESTRUTURAS NO SUR DA PROVINCIA DE LUGO PARA AVANZAR NA IMPLANTACIÓN DA BANDA LARGA

  •  Retegal construyó desde julio 13 torres de comunicación y ejecutó actuaciones en 17 centros de la provincia por un importe de 950.000 euros
  • Esta actuación, integrada en una de las líneas estratégicas del Plan de Banda Larga, tendrá una inversión total de más de 7,7 millones de euros hasta 2013
  • A finales de este año se habrán construído 48 nuevas torres de telecomunicaciones en toda Galicia, unidas mediante una moderna red de telecomunicaciones

 

  • Retegal construíu desde xullo 13 torres de comunicación e realizou actuacións en 17 centros da provincia por un importe de 950.000 euros
  • Esta actuación, integrada nunha das liñas estratéxicas do Plan de Banda Larga, terá un investimento total de máis de 7,7 millóns de euros ata 2013 en toda a provincia
  • Ao remate do ano teranse construídas 48 novas torres de telecomunicacións en toda Galicia, unidas mediante unha moderna rede de telecomunicacións

 

Santiago, 22 novembro de 2010. – O operador público de telecomunicacións Retegal completou un importante plan de reforzo das súas infraestruturas no sur  provincia de Lugo,  segundo o previsto nunha das liñas estratéxicas do Plan de Banda Larga 2010-2013, impulsado por la Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia.

 O operador público Retegal construíu nos últimos catro meses 13 torres de comunicacións e realizou actuacións en 17 centros do sur da provincia de Lugo por un importe de 950.000 euros, adiantando o remate desta actuación en 15 días respecto ao prazo previsto.

 Deste xeito establécense as infraestruturas precisas para prestar os servizos de banda larga en núcleos de 22 concellos do sur da provincia de Lugo. Falamos do operador Iberbanda, ao que a Xunta  comezará a comercializar este servizo na zona a partir do próximo 29 de novembro. Para esta actuación a Xunta de Galicia concedeu unha subvención ao operador Iberbanda por valor de 600.000 euros que xerará un investimento total de case 2 millóns de euros.

 Investimento total na provincia

O investimento previsto para reforzar as infraestruturas de Retegal na provincia luguesa superará os 7,7 millóns de euros no período 2010-2013, o que supón o 23% dos investimentos totais previstos pola Xunta na Comunidade para esta acción concreta do Plan de Banda Larga 2010-2013.

 O Plan contempla entre as súas accións fundamentais a potenciación do operador público Retegal dotándoo de máis medios, capacidades e converténdoo nunha ferramenta que permita optimizar e acelerar a extensión da banda larga. Esta medida permitirá o aproveitamento de toda a infraestrutura pública actual e a redución dos custos do despregamento da banda larga na Comunidade.

 200 novos quilómetros de fibra óptica

A principal liña de investimento no reforzo das infraestruturas de Retegal  é o tendido de máis de 200 novos quilómetros de fibra óptica para unir diversos centros de telecomunicacións de operador público distribuídos pola provincia de Lugo e que permitirá a conexión destes á alta velocidade. Estes centros uniranse tamén co resto dos 400 centros e microcentros de telecomunicacións de Retegal en toda Galicia mediante radioenlaces.

 Outras liñas de investimento que se están a realizar implican a execución de novos centros de telecomunicacións ou o reforzamento dos existentes, construíndo novas torres, dotándoos de sistemas de alimentación eléctrica ou acondicionando as instalacións á fin de poder prestar servizos de telecomunicacións axeitados.

 Nesta liña, está previsto que ao remate deste ano se teñan construído 48 novas torres de comunicacións e instalado 55 novos radioenlaces de rede, así como completada unha moderna rede de telecomunicacións cunha tecnoloxía punteira.

 Este despregamento permitirá dispoñer da infraestrutura de telecomunicacións necesaria para que os operadores privados de telecomunicacións poidan proporcionar servizo de acceso a internet de banda larga aos cidadáns cuxa residencia se sitúa en áreas nas que non existe infraestrutura de banda ancha ou nas que non é probable que se desenvolva de inmediato.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s