Adega denuncia que el Camino Primitivo de Santiago se halla «tapiado y oculto bajo la vegetación»

O Camiño Primitivo en Pena Ferrada, tapiado e oculto baixo a vexetación

 «El Camino Primitivo en Peña Ferrada se encuentra tapiado y oculto bajo la vegetación», han hecho público los ecologistas gallegos

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Toques, 20 de novembro de 2010.- Uns vinte voluntarios de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) e do Foro do Camiño Primitivo trasladáronse onte ao Alto Ulla para realizar un acto reivindicativo a prol da conservación e coidado da traza orixinal do Camiño Primitivo ao seu paso polo Concello de Toques, entre os lugares de Vilamor e Vilouriz, onde se atopa un dos enclaves máis simbólicos da vía primitiva, Pena Ferrada.

 O desvío do camiño histórico entre as dúas parroquias citadas por un treito máis longo, carente de sentido e oficiado pola Xunta, a través dunha sinalización fraudulenta e da apertura dunha nova pista de terra, impide aos peregrinos atravesar pola Pena Ferrada, aquela á que deu nome a lenda do cabalo branco de Santiago que deixou a súa pegada de ferro impresa na rocha.

Desgraciadamente, na xornada de onte os participantes neste acto de denuncia poidemos comprobar que mesmo as lendas e a simboloxía do camiño quedan baixo a vexetación que foi medrando sobre a vía pola deixadez e infracción da administración pública. A frondosidade da vexetación que cubría a caixa do camiño ao pé de Pena Ferrada, e que os voluntarios tentaron limpar, mesmo non deixaba adiviñar a senda orixinal.

 Alén da coberta vexetal total da senda, a vía primitiva orixinal, en pouco máis de 300 metros de percorrido, converteuse nunha sucesión de obstáculos creados, aparentemente polos propietarios das parcelas que atravesa, co ánimo de disuadir aos peregrinos a continuar pola traza histórica. Nun primeiro momento, atopámonos cunha cancela de ferro que literalmente pechaba e segue a pechar o camiño. Poucos metros máis adiante un talude de terra e pedras cortaba o paso e a vista á rocha simbólica de Pena Ferrada, e a continuación, pola vía orixinal, poidemos observar de novo outra parede de terra e vexetación que os voluntarios deron superado grazas ás ferramentas e material de desbroce que levaban.

 Logo desta travesía obstaculizada e abandonada, nin ADEGA nin o Foro do Camiño Primitivo poden obviar proclamar a denuncia pública da inoperancia, irresponsabilidade, falta total de sensibilidade e rigor científico demostrado pola Xunta con respecto á historia, á simboloxía e o sentido do trazado primitivo cara a Santiago, que aínda os veciños do lugar recoñecen como traza orixinal e que xa lle dan en chamar “camiño vello”.

 Así mesmo, cremos indignante que teña que ser a sociedade civil, unha vez máis, a que reclame á Administración que cumpra coas súas obrigas na protección e respecto do patrimonio camiñeiro, incluso nun Ano Xacobeo no que, presumiblemente, as vías históricas adquiren maior atención e relevancia por parte das institucións públicas.

 Dado que o mal tempo da xornada imposibilitou a finalización dos traballos previstos, as organizacións convocantes anuncian que retomarán esta actuación nos vindeiros meses para rematar co acondicionamento e a sinalización correcta do treito malogrado do camiño primitivo, á altura de Pena Ferrada.

¿Y tú qué opinas de esto?