A conselleira do Mar e o presidente de Portos de Galicia achegáronse ata o Porto de Cariño para comprobar os traballos de reposición dos desperfectos oacasionados polo temporal
La consejera del Mar y el presidente de Portos de Galicia se acercaron hasta el puerto de Cariño (A Coruña) para visitar los trabajos de reposición de los desperfectos ocasionados por el temporal. Rosa Quintana prevé que las obras de reparación del puerto estén completadas antes de que finalice este año. Destacó que su departamento considera una prioridad reforzar toda la estructura de la escollera con el fin de recuperar cuanto antes la operatividad y la actividad del puerto
ROSA QUINTANA PREVÉ QUE AS OBRAS DE REPARACIÓN DO PORTO DE CARIÑO ESTEAN REMATADAS ANTES DE QUE FINALICE O ANO
- A conselleira destacou a prioridade do seu departamento para reforzar toda a estrutura da escollera co fin de recuperar “canto antes” a operatividade e a actividade do porto
Cariño (A Coruña), 17 de novembro de 2010.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asegurou onte que as obras de reposición do Porto de Cariño estarán finalizadas antes de que remate o 2010. Díxoo tras comprobar como ían os traballos de reparación dos desperfectos ocasionados polo temporal Becky na madrugada do 9 de novembro neste porto, a onde se achegou co presidente de Portos de Galicia, Jose Manuel Álvarez Campana. A conselleira destacou que Portos “se puxo a traballar dende o primeiro momento” para tratar de solventar os danos ocasionados, co fin de “recuperar canto antes a operatividade e actividade do peirao”.
As obras consisten na reparación de 32 metros do espaldón do dique de abrigo do porto de Cariño derrubadas polo temporal Becky e na reposición da carpintería metálica do peirao. Os restos caídos serán demolidos, retirados e depositados na escollera actual aproveitando para reforzala. Por outra banda, Portos construirá o espaldón danado mediante encofrado de formigón armado e, aproveitando esta actuación, fixará e reforzará o resto do espaldón “en previsión de futuros temporais”.
A maiores, e como reforzo, verteranse na escollera 1.000 mil toneladas de pedra natural de 15 toneladas cada peza. Os traballos completaranse coa reparación e saneamento duns 850 metros cadrados de pavimento afectado no peirao comercial, que se realizará con aglomerado asfáltico en quente, o que suporá unhas 140 toneladas deste material. Estímase que o importe destas obras ascende a 189.000 euros.
[…] Ver noticia relacionada […]
Me gustaMe gusta