A XUNTA DE GALICIA DESENVOLVE EN MADRID A MAIOR PROMOCIÓN DOS PRODUTOS GASTRONÓMICOS GALEGOS DE CALIDADE NO EVENTO “SABOREA GALICIA”
La Xunta de Galicia desarrolla en Madrid la mayor promoción histórica de productos gastronómicos gallegos de calidad en el evento ‘Saborea Galicia’. Más de medio centenar de referencias gastronómicas de calidad (incluidos denominaciones de origen, indicaciones geográficas protegidas y productos ecológicos) se reúnen en el Mercado de San Miguel entre el 12 y el 21 de noviembre.
- A Consellería de Cultura e Turismo, a través de Turgalicia, reúne no Mercado de San Miguel entre o 12 e o 21 de novembro máis de medio cento de referencias gastronómicas de calidade, que inclúen as denominacións de orixe, indicacións xeográficas protexidas e produtos ecolóxicos.
- O acto central de pesentación tivo lugar o venres día 12 ás 14,30 horas. Asistirán o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela; a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo.
Santiago, 12 de novembro de 2010.- A Consellería de Cultura e Turismo a través da sociedade Turgalicia, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, presenta no histórico mercado de San Miguel de Madrid entre os días 12 e 21 de novembro a promoción Saborea Galicia, unha iniciativa que permitirá a presenza dos mellores produtos da gastronomía para todo o público madrileño.
Este acontecemento, organizado en colaboración coas consellerías de Medio Rural e Mar, servirá de escaparate para os produtos gastronómicos galegos máis senlleiros de Galicia e posibilitará a súa comercialización entre o público madrileño ao tempo que se difunden os valores turísticos da Comunidade galega.
Ao acto central de presentación, que tivo lugar o venres día 12 ás 14.30 horas, asistiron o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela; a conselleira do Mar, Rosa Quintana e a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo.
Turgalicia instalará no mercado de San Miguel 12 postos de venda de produtos e cada un deles estará atendido por dúas persoas coñecedoras das características destes.
Certificacións alimentarias
Dentro destes postos, que se disporán a xeito de carriños decorados coa imaxe característica desta promoción, exhibiranse produtos galegos das distintas denominacións de orixe p e indicacións xeográficas protexidas, relacionadas cos sectores dos queixos, a carne, o hortícola, a panadería, a pastelería, os produtos do mar, o mel e a castaña.
Ademais, promocionaranse os viños das cinco denominacións de orixe, así como os viños da terra e as bebidas espirituosas.
Nesta promoción da Xunta da Galicia, difundiranse tamén os valores dos produtos con certificación ecolóxica, e os visitantes, ademais de poder informarse e mercar produtos gastronómicos de Galicia de calidade, poderán obter información turística sobre as posibilidades que ofrece o territorio galego no eido gastronómico e turístico, grazas a un punto informativo que se instalará no propio mercado de San Miguel.
Xornadas específicas de promoción
Na promoción Saborea Galicia, está previsto que se desenvolvan xornadas específicas para mercar e degustar os distintos produtos da gastronomía galega.
Así, os días 12 e 13, estarán dedicados aos cogomelos, as castañas e ás fabas, que serán protagonistas da cociña do mercado.
Os días 14 e 15 de novembro estarán dedicados ao peixe e ás conservas, mentres que os mariscos serán os protagonistas das xornadas do 16 e o 17 de novembro.
Os días 18 e 19 haberá promocións especiais das carnes galegas e dos queixos, os días 20 e 21 de novembro.
Ademais, realizaranse dúas catas maridadas diarias con viños, unha ás 13:00 horas e outra ás 21:00 horas.
La pagina de tu Blog se ha actualizado…
[..]Articulo Indexado Correctamente en la Blogosfera de Sysmaya[..]…
Me gustaMe gusta