El presidente de la Xunta estrena su segundo perfil de Facebook después de superar el máximo de amigos permitidos en el primero
Con la creación de este nuevo perfil, el presidente del PPdeG podrá seguir comunicándose con los ciudadanos y responder a las 3.000 solicitudes de amistad no pudo atender por falta de espacio. Al parecer, Feijóo es el político gallego con más seguidores en Facebook. También su partido, el PPdG, se propone poner en marcha próximamente nuevas iniciativas para reforzar su presencia en Internet.
Coa creación deste novo perfil, o presidente do PPdeG poderá seguir comunicándose cos cidadáns e responder ás 3.000 solicitudes de amizade que co primeiro perfil non pode atender por falta de espazo
Feijóo estrea o seu segundo perfil de Facebook despois de superar o máximo de amigos permitidos no primeiro
- Feijóo é, sen dúbida, o político galego con máis seguidores en Facebook e cunha presenza maioritaria na rede social máis importante do momento a nivel mundial.
- O PPdeG tamén poñerá en marcha próximamente novas iniciativas que seguirán a fortalecer a súa presenza na rede
- Os populares galegos queren seguir avanzando na política 2.0, comprometidos co novo xeito de facer as cousas que trae consigo o avance tecnolóxico
Santiago, 7 de novembro de 2010.- O Partido Popular de Galicia celebra que o presidente da formación, Alberto Núñez Feijóo, acabe de estrear o seu segundo perfil en Facebook tras acadar no primeiro os 5.000 amigos permitidos.
Coa creación deste segundo novo perfil, cuxo nome é ‘Alberto Núñez Feijóo II’, o presidente do PPdeG poderá seguir comunicándose cos cidadáns e, ademais, dar resposta ás 3.000 solicitudes de amizade pendentes de confirmar e que no primeiro perfil non pode aceptar por falta de espazo. Trátase dunha forma de esquivar as limitacións do primeiro, cuxo máximo de amigos permitidos lle queda pequeno a Feijóo.
A todos eles únense os preto de 2.000 amigos que Feijóo xa ten na súa páxina de fans, o que demostra o interese amosado polo presidente do PPdeG pola política 2.0, as novas tecnoloxías e a oportunidade que lle brindan para estar en contacto continuado cos cidadáns.
O líder do PPdeG vai manter actualizados, polo tanto, os dous perfís de Facebook, que terán contidos similares, e continuará respondendo mensaxes tanto nunha conta coma na outra.
Feijóo é, sen dúbida, o político galego con máis seguidores en Facebook e cunha presenza maioritaria na rede social máis importante do momento a nivel mundial.
UN PARTIDO LÍDER NA REDE
O PPdeG tamén está presente na Rede con Twitter, canal de Youtube e Flickr e poñerá en marcha próximamente novas iniciativas que seguirán a fortalecer a súa presenza na rede e coas que demostrará que esta moi por enriba do resto de partidos do panorama galego en canto ao uso de novas tecnoloxías.
Esta formación ten interese polo contacto directo coa xente e a interacción cos cidadáns e aposta por eliminar as barreiras existentes entre os cidadáns e os políticos.
Por iso, os populares galegos queren seguir avanzando na política 2.0, comprometidos co novo xeito de facer as cousas que trae consigo o avance tecnolóxico, fronte aos que en lugar de ser 2.0 só son un 0 á esquerda.

La pagina de tu Blog se ha actualizado…
[..]Articulo Indexado Correctamente en la Blogosfera de Sysmaya[..]…
Me gustaMe gusta