Portos destina una partida presupuestaria a mejorar los atraques del puerto de O Xufre

O ente público confirma que existe unha partida presupostaria adicada á ordenación de atraques no porto de O Xufre

Portos de Galicia confirma su intención de mejorar el puerto de Xufre en Pontevedra con la reordenación de atraques prevista. Existe ya una partida presupuestaria destinada a tal propósito. La ejecución de los nuevos atraques se llevará a cabo a lo largo de los años 2011 y 2012. 

PORTOS CONFIRMA A SÚA VONTADE DE MELLORAR O PORTO DE O XUFRE COA REORDENACIÓN DE ATRAQUES PREVISTA

  • Segundo a previsión establecida no seu momento é a de que se poidan executar os novos atraques para as embarcacións de 3ª e 4ª lista ao longo do ano 2011 e 2012
  •  Esta situación permitirá un maior desenvolvemento de todas as actividades presentes neste porto, permitindo a dotación de novos e modernos servizos para o sector profesional

 

Santiago, 6 de novembro de 2010.- Portos de Galicia afirma a súa vontade de continuar coas obras do Xufre e confirma que existe unha partida presupostaria dedicada á ordenación de atraques no porto de O Xufre, tal e como se comprometera a primeiros de ano, nunha nova proposta, a Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia. O horizonte temporal estimado para que estea rematada a ordenación total deste porto é o ano 2015.

 

A proposta plantexada consiste en dedicar as novas infraestruturas de punta do Aguiuncho para as embarcacións profesionais de acuicultura e trasladar as embarcacións de 3ª lista cara á leste do actual porto, nunha zona mais abrigada polo novo dique. Coa reordenación descrita poderase liberar a superficie ocupada polo porto actual e dedicala á construción dunhas instalacións para embarcacións recreativas, nunha posición moito máis próxima ao casco urbano que a inicialmente prevista.

 

Segundo a previsión establecida no seu momento é a de que se poidan executar os novos atraques para as embarcacións de 3ª e 4ª lista ao longo do ano 2011 e 2012,  xa que logo, durante este ano 2010 se realizaron os estudos e se están a redactar os proxectos necesarios.

 

Nunha fase posterior, plantéxase a reordenación total do porto trasladando, non só os atraques senón todas as instalacións ligadas ó sector profesional ás novas superficies portuarias a xerar entre o actual porto do Xufre o as novas instalacións en construcción. Esta operación comprenderá tanto o traslado das ramplas de descarga como das superficies de operacións portuarias e edificacións ligadas ós sectores profesionais.

 

Esta situación permitirá un maior desenvolvemento de todas as actividades presentes neste porto, permitindo a dotación de novos e modernos servizos para o sector profesional, e creando unha zona ligada á náutica recreativa cunha maior influencia directa no núcleo urbano da Illa.

 

Neste momento Portos de Galicia está a levar a cabo os traballos de ampliación das instalacións portuarias no Xufre, que consisten na creación de un novo dique de abrigo de 215 m de lonxitude na punta do Aguiuncho e unha nova explanada ao abrigo do mesmo. Ademais, o proxecto inclúe a ampliación da explanada das instalacións actuais na zona de descarga do mexillón e a construción dunha nova rampla para a súa descarga. O presuposto de adxudicación destas obras foi de 2.818.000,00€.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s