A PELÍCULA ‘18 COMIDAS’, PATROCINADA POR XACOBEO 2010, ESTRENOUSE NO XV FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE. O certame forma parte do ciclo Xacobeo Filme.
La película ’18 Comidas’, patrocinada por el Xacobeo 2010, se estrenó en el XV Festival de Cine Internacional de Ourense. El certamen forma parte del ciclo Xacobeo Filme
Santiago, 28 de outubro de 2010.- O filme 18 comidas, dirixido por Jorge Coira e patrocinado por Xacobeo 2010, inauguróu a décimo quinta edición do Festival de Cine de Ourense.
A película foi a protagonista da gala de inauguración do certame, na súa estrea en España. O desembarco de 18 comidas en Ourense conta coa presenza de Luís Tosar, protagonista da película, e dos actores do filme, entre os que se atopan, Antonio Mourelos, Camila Bossa, Cristina Brondo, Esperanza Pedreño, Víctor Clavijo, Juan Carlos Vellido, Pedro Alonso, Mario Zorrilla e Víctor Fábregas.
18 comidas é unha película producida por Tic Tac Producciones, Zircozine e Lagarto Cine, coa participación de TVG e o apoio de Xacobeo 2010 para a súa presentación en España.
A película entrelaza historias da vida ao longo dun único día de ficción. Unha longametraxe que viaxa a través de seis almorzos, seis comidas e seis ceas que fan partícipes ao espectador dalgúns deses intres que poden cambiar unha vida.
Historias que danzan entre a poesía do cotián e os terremotos dos grandes cambios, e nas que só hai un obxectivo: a ledicia. Pero ademais son unha verdadeira aventura de improvisación, posto que ningunha das situacións rodadas foi ensaiada previamente polos protagonistas.
O Festival de Cine Internacional de Ourense forma parte do ciclo Xacobeo Filme, un apartado baixo a que se enmarcan once festivais que se celebran en Galicia e que amosan o que está ocorrendo no panorama do cinema galego. O certame aposta, unha vez máis, por ser plataforma das obras cinematográficas e audiovisuais máis innovadoras e controvertidas producidas en Galicia e en todo o mundo.
Para conmemorar o seu XV aniversario programáronse un conxunto de actividades coas que reflexionar sobre estes tres lustros de existencia e onde destaca unha retrospectiva coas películas máis salientables que pasaron polo festival e unha exposición fotográfica sobre a historia do certame. O festival converteu a Galicia nun punto de encontro entre Europa, América Latina e o resto do mundo para a formación, desenvolvemento, coprodución e distribución do audiovisual galego e internacional.
Documental ‘Peregrinos’
No marco deste certame tamén se presentóu en Ourense o documental Peregrinos, dirixido por Ernesto Daranas e patrocinado por Xacobeo 2010. Nesta cinta contrapóñense as dúas peregrinacións máis importantes de Galicia e da Habana: o Camiño de Santiago e a ruta de San Lázaro, en Cuba.
Peregrinos destaca os valores do Camiño de Santiago e subliña a súa influencia na xénese histórica e personalidade doutras peregrinacións que se realizan en América, como é o caso da de San Lázaro en La Habana.