Feijóo acusa al gobierno central de utilizar dinero de las comunidades autónomas para cuadrar sus cuentas

“O Goberno de España non ten fondos suficientes e prefire manter as súas políticas a costa de diminuír as transferencias ás comunidades autónomas”, destacou – «El gobierno de España no tiene fondos suficientes y prefiere mantener sus políticas a costa de disminuir las transferencias a las comunidades autónomas, destacó

 FEIJÓO SUBLIÑA QUE OS PRESUPOSTOS DO ESTADO SON “IRREAIS” E INCUMPREN O MODELO DE FINANCIAMENTO

Feijóo subraya que los presupuestos del Estado son «irreales» e incumplen el modelo de financiación

  • Sinala que resulta “sorprendente” que o ano pasado o fondo de cooperación se recibise no Presuposto de 2010, namentres agora se establece que a partida correspondente a 2011 non se pagará ata o 2013, e afirma que se trata dunha decisión “arbitraria” -Señala como «sorprendente» que el año pasado el fondo de cooperación se recibió en el presupuesto de 2010, mientras que ahora se establece que la partida correspondiente a 2011 no se pagará hasta 2013, una decisión que considera «arbitraria«
  • Denuncia que o Goberno central ten dúas varas de medir: unha para os seus Presupostos e outra para os alleos, e asegura que utiliza “diñeiro das comunidades autónomas para cadrar as súas contas” -Denuncia que el gobierno central tiene dos varas de medir: una para sus presupuestos y otra para los ajenos, y asegura que «utiliza dinero de las comunidades autónomas para cuadrar sus cuentas»
  • Lembra que as contas poden acadar unha “diminución de 1.500 millóns de euros”, poñendo en “risco grave” o mantemento dos servizos básicos de sanidade, educación e servizos sociais -Recuerda que las cuentas pueden significar una disminución de 1.500 millones de euros, bajada que pondrá «en grave riesgo» el mantenimiento de los servicios básicos de sanidad, educación y sociales
  • Avanza que “o Goberno de España fixo uns presupostos dos anos 2008, 2009 e 2010,  irreais, e no ano 2011 volven ser irreais”, cunha previsión de crecemento da economía do 1,3%, que “non está avalada por ninguén” -Dice que el gobierno de España «hizo unos presupuestos irreales en los años 2008, 2009 y 2010, y en 2011 volverán a ser irreales» . La previsión de crecimiento de la economía nacional en el 1,3% «no está avalada por nadie»
  • “Levamos desde 2004 con 5.000 millóns de euros que se presupostan e non se gastan, que é o dobre do que o Goberno de España lle reclama á comunidade autónoma”, explica. -«Llevamos desde 2004 con 5.000 millones de euros que se presupuestan y no se gastan, lo cual es el doble de lo que el gobierno le reclama a la comunidad autónoma»
  • Afirma que sigue con “absoluto interese” o cumprimento do Acordo do Obradoiro xa que “quedan 90 días para licitar 3.000 millóns de euros” -Afirma Feijóo que sigue con «absoluto interés» el cumplimiento del Acuerdo del Obradoiro, ya que «quedan menos de 90 días para licitar 3.000 millones de euros»

 Santiago, 27 de outubro de 2010.- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, resaltou que os Presupostos do Estado son “irreais” e incumpren o modelo de financiamento. “Temos a certeza, o convencemento, e as probas documentais de que é unha decisión arbitraria”, asegurou o titular do Goberno galego sobre a non transferencia a Galicia do fondo de cooperación, o que suporá unha minoración de 240 millóns de euros nas contas da comunidade autónoma.  

Así, o presidente galego subliñou que resulta “sorprendente que o ano pasado ese Fondo de Cooperación se recibise no Presuposto de 2010”, namentres que agora se establece que a partida correspondente a 2011 “non se pagará ata o 2013”.

Neste sentido, Feijóo incidiu no feito de que as contas poden acadar unha “diminución de 1.500 millóns de euros”, poñendo en “risco grave” o mantemento dos servizos básicos de sanidade, educación e servizos sociais. “Temos un buraco de máis de 300 millóns de euros entre a transferencia do Estado para os servizos básicos e o custo destes servizos básicos xa no ano 2010. Estas son cuestións que neste momento están analizando os axentes sociais xunto á conselleira de Facenda, quen lles transmitirá cal é o contido e o alcance da situación e lle pedirá opinión sobre as distintas alternativas”, explicou Feijóo.

Diñeiro das comunidades autónomas

“É moi difícil –proseguiu Feijóo- crer a un Goberno que fai uns presupostos co diñeiro das comunidades autónomas. E hai miles de millóns de euros nos Presupostos do Estado do ano 2011 que pertencen ás comunidades autónomas. E isto é o que queremos pór en coñecemento das organizacións sindicais antes de adoptar unha decisión”.    

Así, o presidente galego remarcou que o Goberno de España utiliza diñeiro das comunidades autónomas para cadrar as súas contas. “O Goberno de España non ten fondos suficientes e prefire manter as súas políticas a costa de diminuír as transferencias ás comunidades autónomas”, destacou, “o Goberno de España estalle dicindo aos presidentes autonómicos que recorten baixo a súa responsabilidade as prestacións básicas dos servizos públicos, xa que o Goberno de España non xestiona ningún servizo público esencial salvo as prestacións por desemprego e a seguridade social”.

Feijóo incidiu en que o Goberno central apraza as transferencias ás comunidades pero non o pago das débedas polas liquidacións negativas: “e moi difícil crer a un Goberno que ten dúas varas de medir. Unha para os seus propios presupostos e outra para os presupostos alleos”.

Unha previsión de crecemento “que non está avalada”

Así mesmo, o titular do Goberno galego analizou os Orzamentos do Estado presentados onte, subliñando que o más importante “é avaliar os presupostos desde o punto de vista da realidade”. Neste sentido, Feijóo destacou que “o Goberno de España fixo uns presupostos dos anos 2008, 2009 e 2010,  irreais, e en 2011 volven ser irreais” cunha  previsión de crecemento da economía española do 1,3%, que “non está avalada por ninguén”.

“Os ingresos sobre unha previsión de crecemento irreal, son irreais. E os gastos, sobre uns ingresos irreais, volven ser irreais. Este presuposto volve adoecer da falta de credibilidade que tiveron os 3 anteriores”, incidiu.  

Ademais, Feijóo sinalou que “a maior partida das contas é para pagar a débeda e as prestacións por desemprego”, o que fai moi difícil crer no crecemento do 1,3% previsto para este exercicio.

Por último, e no tocante a Galicia, Núñez Feijóo amosou a súa preocupación polo cumprimento dos gastos presupostados. “Levamos desde o 2004 con 5.000 millóns de euros que se presupostan e non se gastan, que é o dobre do que o Goberno de España lle reclama á comunidade autónoma”, explicou. “E sen embargo, o que non gasta o que ten que gastar, lle pide á Comunidade Autónoma que lle pague a metade do que el deixa sen gastar. Isto é o mundo ao revés: débennos 5.000 millóns de euros orzamentados para Galicia e non o fan, e agora pídennos que lles paguemos 2.600 millóns de euros polas liquidacións negativas”, engadiu.

E asegurou: “Seguimos con absoluto interese o que ocorra co acordo do Obradoiro; quedannos 90 días para licitar 3.000 millóns de euros. E constatamos en materia de autovías que ningunha autovía das que estaba sen comezar se iniciará no ano 2011, que ningunha das que se tiñan que finalizar se rematarán no 2011, e que os maiores investimentos en materia de autovías se financiarán con peaxes: a Ponte de Rande, o terceiro carril en Santiago, e outras ampliacións da Autopista do Atlántico”. 

¿Y tú qué opinas de esto?