Las comunidades autónomas acuerdan una postura común sobre el cambio climático y los cultivos modificados genéticamente

As comunidades autónomas acordan posturas comúns sobre cambio climático, bioresiduos e cultivos modificados xeneticamente

Las comunidades autónomas acordaron el pasado mes posturas comunes sobre el cambio climático, los bioresiduos y los cultivos modificados genéticamente. Estos acuerdos se trasladaron a la ministra de Medio Ambiente, y al Consejo de Medio Ambiente de la UE.

 

  • Agustín Hernández trasladoú ditos acordos á ministra de Medio Ambiente
  • Posteriormente, o 14 de outubro, o conselleiro foi a Luxemburgo ao Consello de Medio Ambiente en representación de todas as autonomías

 

Santiago, 25 de outubro de 2010.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, presidiu a apertura da reunión na que se aprobou a posición común das comunidades autónomas para o Consello de Ministros de Medio Ambiente da Unión Europea (UE). Na xuntanza participaron representantes de todos os gobernos autonómicos.

Hernández indicou que esta vía de representación permite influír no proceso de toma de decisións da Unión Europea, aportando unha visión práctica e realista no que se refire a aspectos medioambientais. Deste xeito, o titular de Medio Ambiente trasladoú a postura común á ministra Elena Espinosa. Posteriormente, o 14 de outubro, Agustín Hernández acudiú a Luxemburgo ao Consello de Medio Ambiente en representación de todas as autonomías.

O conselleiro destacou que as comunidades deben enfrontarse a importantes retos como a loita contra o cambio climático e a detención da perda de biodiversidade a nivel global, puntos que precisan da cooperación de todas as institucións e administracións. Tamén se presentaron posturas comúns sobre os cultivos modificados xeneticamente ou a redución da emisión de gases.

Cambio climático

No que se refire a cambio climático, para as comunidades resulta fundamental que a Unión Europea exerza un papel de liderado nas negociacións co obxectivo de acadar un acordo internacional de carácter vinculante. Ademais, as autonomías insisten na necesidade dunha actitude decidida no cumprimento dos obxectivos de redución por parte dos países desenvolvidos e dun compromiso claro dos países en desenvolvemento. As representacións autonómicas consideran urxente o establecemento dun calendario de execución determinado para un futuro réxime post-2012 no que se incorporen tódolos elementos esenciais do Protocolo de Kyoto.

Biodiversidade

As comunidades, na súa posición común, solicitan que se eleve a contribución da UE co fin de impedir a perda de biodiversidade mundial. Para isto, as estratexias e plans de acción dos Estados membros na materia terán que reflictir as decisións que se tomen na Conferencia das Partes sobre Biodiversidade, do 18 ao 29 de outubro, en Nagoya (Xapón).

 Redución de emisión de gases

O 26 de maio a Comisión Europea presentou unha análise dos custos, os beneficios e as opcións para ir máis aló no seu compromiso de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro no 2020 e pasar dunha redución do 20% respecto ás emisións de 1990 a unha redución do 30%.

As autonomías destacan a necesidade de que calquera postura favorable a un aumento do obxectivo de redución deba partir dun profundo, rigoroso e detallado estudo de viabilidade que tome en consideración as súas consecuencias en termos de rendibilidade, tanto económica como ambiental, especialmente na actual conxuntura de crise.

Biorresíduos

As comunidades defenden que a recollida selectiva de biorresiduos é unha vía de xestión adecuada para cumprir a Directiva relativa á vertedura de residuos e lograr un material de calidade para a reciclaxe de biorresiduos que permita obter produtos de calidade cuxo uso nos solos sexa seguro.

Por outra parte, as autonomías insisten en que o establecemento de medidas adicionais a nivel europeo como a recollida selectiva e a reciclaxe facilitan ao Estado unha harmonización nos avances das comunidades cara á mellora da xestión dos biorresiduos.

Cultivos modificados xeneticamente

Na súa posición común, as CC.AA. poñen especial interese nos intentos da Comisión de coñecer a situación de convivencia dos OMG (Organismo Modificado Xeneticamente) e os cultivos convencionais e ecolóxicos.

Asemade, a posición é coherente coa intención de combinar unha autorización a nivel comunitario con máis subsidiariedade a favor dos Estados membros para decidir sobre o cultivo.

Deste xeito, nas normas nacionais de desenvolvemento piden que se estableza un mecanismo de consulta ós agricultores das zonas afectadas, así como un marco temporal de revisión das medidas de restrición impostas.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s